Viernes 25.05.2012
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| García, Vázquez, Vilas e Rodríguez, onte FOTO: Ana Varela |
Un certame de curtametraxes de animación, que se celebrará no marco do programa Nós tamén creamos!, buscará aproximar a lingua galega de forma positiva aos alumnos de primaria e infantil a través das novas tecnoloxías. En concreto, a proposta parte da colaboración entre a Xunta, a CRTVG e OQO Editora, e poderán participar escolares de entre 3 e 9 anos de ata cincuenta centros educativos.
Os mozos converteranse en creadores das súas propias curtametraxes de animación stop-motion mediante materiais elaborados por eles e baseándose nun relato de entre 14 obras en galego dun catálogo que proporcionará OQO Editora. Estes traballos publicaranse, á súa vez, na web da CRTVG e incluirase os tres mellores na propia programación da Televisión de Galicia.
Más información en El Correo Gallego
