Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 22.59      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Santiago| local@elcorreogallego.es  |  RSS - Santiago RSS

A parroquia de Marrozos celebra hoxe o seu tradicional atranque dos Xenerais da Ulla

11.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O campo da festa de Marrozos acollerá hoxe, ás 19:30 horas, un tradicional alto ou atranque do Entroido dos Xenerais da Ulla. Pero antes, durante todo o día, toda a comparsa, formada por xenerais, correos, coros e parrandas, percorrerá a parroquia convidando aos veciños e visitantes a participar neste Entroido tradicional.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Así, os seus principais protagonistas son vistosas figuras que recrean estes momentos históricos.

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

O Entroido da Ulla celébrase en vinte e sete lugares e parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. En Santiago celébrase nas parroquias de Marrozos, Aríns e O Eixo. Aríns celebrará o seu atranque no seu campo da festa o día 18, ás 18:30 horas, e O Eixo o día 19, ás 19:00 horas na carballeira do Souto, en Santa Lucía.

O 3 de febreiro asinouse no Pazo de Raxoi un protocolo de colaboración que ten coma obxectivo xenérico promover conxuntamente as diferentes celebracións do Entroido da Ulla que teñen lugar nos oito concellos. Un dos obxectivos concretos que se marcan é a consecución da Declaración de Festa de Interese Turístico, tanto de Galicia como de España.

Neste ano, coa colaboración das Deputacións de A Coruña e Pontevedra, desenvolveuse por primeira vez unha páxina web, www.xeneraisdaulla.com, na que se pode consultar a información máis interesante sobre a festividade, así como os diferentes eventos que terán lugar nos diferentes lugares e parroquias. Editouse tamén un folleto promocional, que se pode coller na oficina de información de Turismo de Santiago.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS