Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 21.16      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Santiago| local@elcorreogallego.es  |  RSS - Santiago RSS

estreno

Éxito rotundo de Pousadas de Compostela na estrea do restaurante Porta Faxeira

21.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Porta Faxeira acaba de iniciar a súa actividade no número 50 da rúa do Franco
O Porta Faxeira acaba de iniciar a súa actividade no número 50 da rúa do Franco

Pousadas de Compostela estréase na rúa do Franco con matrícula de honor. E é que o restaurante Porta Faxeira a terra no corazón da zona vella colleitando un éxito tras outro. Especializado en carnes á grella e peixe fresco, o establecemento acaba de iniciar a súa actividade disposto a converterse nunha icona do roteiro gastronómico. Avalados polo seu bo facer no Pazo de Lestrove (outro dos establecementos adscritos ó grupo), o chef Daniel Novo e o maître Roberto Guerra abandonan o privilexiado emprazamento de Dodro para coller as rendas do novo negocio.

Con capacidade para 200 comensais, o local que agora coroa a saída do Franco engadirá un plus de excelencia de cara ó verán. Daquela estará xa listo para levantar o pano un dos recunchos máis feiticeiros da zona monumental: unha magnífica terraza de 300 m2 agochada no intrincado labirinto da améndoa histórica. Sen dúbida ningunha o Porta Faxeira é un espazo idóneo para gozar de momentos inesquecibles nun ambiente de confort e servizos de extraordinaria calidade. Que mellor que sentar á mesa en boa compañía para degustar unha suculenta peza de carne con selo galego ou saborear un peixe da ría que se acaba de mercar na Praza de Abastos. Pousadas de Compostela engade así outra xoia a un grupo que se distingue por un gusto exquisito á hora de dotar de personalidade os seus negocios. Elixe sempre con acerto espazos cun valor patrimonial singular e reconvérteos en acubillos de luxo. Con esta filosofía naceron hoteis como o Virxe da Cerca, Pombal, San Clemente, Airas Nunes, Pazo de Lestrove (galardoado co Garfo de Ouro 2009) ou o Hotel Monumento Mosteiro de Aciveiro. Por se fora pouco, hai case un ano inauguraba un conxunto de casas en Sestelo -a pouco minutos de Santiago- rehabilitado como aldea vacacional.

A escalada imparable desta empresa turística débese ó compromiso dun equipo humano que sabe estar á altura das necesidades dun sector cada vez máis esixente. E é precisamente o seu bo facer o que permitiu que Pousadas de Compostela non deixe de medrar. Non falta moito para que o restaurante Porta Faxeira teña un novo irmán na mesma rúa. As protagonistas da carta serán, neste caso, as racións e as tapas. Situarase no número 31 e chamarase O Boteco. A súa apertura está prevista para o verán.

Razón Social / Restaurante Porta Faxeira

Teléfono / 981581840 - 981569350

Páxina web /

www.pousadasdecompostela.com

E-mail / info@pousadasdecompostela.com

Enderezo / Rúa do Franco 50 - 15704. Compostela

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS