Martes 18.06.2013
| Actualizado 01.31
Hemeroteca web
|
RSS
O Concello de Santiago convidou a todos os cidadáns que quixeran admirar a Copa do Mundo de fútbol conseguida en Sudáfrica no ano 2010 e mais as dúas Eurocopas logradas en 2008 e 2012 pola Selección Española de fútbol a que se achegaran polo Concello nesta xornada de xoves.
As copas chegaron a nosa cidade ás 9:30 horas e foron recibidas polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela e outros edís do Goberno municipal. Dende ese momento permanecen expostas na sala anexa á sala de prensa do Concello, no Pazo de Raxoi, onde os visitantes poden observar os trofeos e retratarse con eles.
As tres copas poden visitarse pola mañá dende as 9:30 ás 14:00 horas e, pola tarde, de 16:00 ás 19:00 horas.
