Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 22.01      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión

XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA

{ a pousada no camiño}

Unha reforma “agresiva”

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [14 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

Penso que ninguén sospeitará, despois do escrito, da miña proximidade ideolóxica ao Ministro De Guindos. Mais compre recoñecer que De Guindos falou dunha reforma laboral "aggresive", é dicir, fonda, decidida. Nunca "agresiva", malia que a moitos lles poida parecer tal o Real Decreto-Lei 3/2012 que onte publicou o BOE. As connotacións negativas do adxectivo "agresivo" non existen no inglés.

Como apuntamentos de urxencia, teño que lles dicir que non acredito que esta reforma vaia darlle pulo inmediato-ao mercado de traballo, como tampouco a reforma financeira da pasada semana vai ser quén de xerar crédito ás familias e ás empresas. Agora ben, existen aspectos na reforma máis ben positivos, xunto con outros abertamente negativos.

O principal activo da reforma é a nova regulación dos convenios colectivos. Dende a moderación da súa ultraactividade ( só rexerán un máximo de dous anos dende a data de remate do tempo pactado) até a preponderancia do regulado no convenio de empresa sobre o sectorial, pasando pola posibilidade de excepcionar do cumprimento de determinadas normas do convenio ás empresas que atravesen graves dificultades obxectivas. De hoxe en diante as pequenas e medianas empresas van poder estruturar un marco laboral coherente coa súa dimensión e difícil realidade.

Porén, a reforma incorre en graves erros de concepto. Nomeadamente a de substraer da competencia dos Gobernos autonómicos a aprobación dos ERE. Agora serán os propios traballadores e os seus representantes os que poderán impugnar estas decisións colectivas directamente perante os Xulgados do Social, o que vai xerar moita máis conflitividade interpretativa que a existente até de agora.

Canto á limitación a 33 días/ano cun máximo de 24 meses da indemnización por despedimento improcedente, non vai ter grande trascendencia no curto prazo pola súa aplicación aos contratos posteriores á reforma.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS