Jueves 24.05.2012
| Actualizado 22.01
Hemeroteca web
|
RSS
Para non pasar por borrego completo indaguei nas razóns que ten a prensa do primeiro mundo para montar campañas como esta última contra Venezuela, chea de mentiras. Ou contra Cuba, á que con acerto lle aplican o nivel escandinavo de dereitos humanos, mentres que ai! o campo de torturas de Guantánamo, o fósforo branco "made in Usa" sobre Gaza ou as bombas contra as vodas en Afganistán pasan por fugaces descoidos. Resulta que os xefes de estado latinoamericanos reuníronse no mes de febreiro en Cancún para crear a Comunidade de Estados de América Latina e Caribe. A CEALC sustituirá a OEA, onde levaba a batuta EEUU, que agora fica sinxelamente fóra. Moitos consideran que esta iniciativa é a máis importante dos últimos cen anos no continente, porque marca o inicio da independencia, despois de ser o patio traseiro de Washington durante un século. Crear a CEALC ocorréuselle a Hugo Chávez, que ademais propón a Lula como presidente. Quen observe este entendemento, xa de longa duración, comprenderá por que o director da CIA aterrou (tomou terra) en Bogotá para charlar con Uribe ao día seguinte de rematar o cumio de Cancún.
Tamén Hillary Clinton pasea polo patio. Visitou Brasil, onde Collor é o seu candidato fronte á sucesora de Lula. Quere que volva a tendencia do ex presidente Fernando Cardoso, membro da Fundación Ford, e cuxo ministro de exteriores, Celso Láfer, acadou a fama universal cando se descalzou no aeroporto de Nova Iorque para colaborar no cacheo policial.
Hillary non modificou a estratexia creada por Bush para Sudamérica. A señora agarda que Collor, calzado ou descalzo, privatice o Banco do Brasil, Petrobras e as fabulosas reservas petroleiras. E algo caerá para esta Iberia nosa a conta do primo de zumosol. Tamén quere instalar algunhas bases militares que complementen as de Colombia e as que negociará co novo presidente chileno, apoiado durante a campaña con medios e entusiasmo por EEUU. Leva razón Lula sobre a morte de Zapata: "Nós temos que lamentar, mas lamentar como ser humano de alguém que morreu e alguém que morreu porque decidiu fazer uma greve de fome. Lamento profundamente que uma pessoa se deixe morrer por uma greve de fome".

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira