Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 20.06.2013  | Actualizado 14.03 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{ OS OUTROS DÍAS }

ALFREDO CONDE

Sangue mestizo

HAI XENTE que, cando escribo en galego, afirma que pesie a tódolos pesares, amo á miña Terra e que, o escrito, constitúe un gran artigo. Xente hai tamén que, cando escribo en castelán, confirma que o meu trátase dun espírito tolerante e que o meu galeguismo é de recibo contrariamente a outros que, según eles, non o son. Digo eu que, no seu monolingüismo, serán tan rexeitables ou tan aceptables como eles no seu; quérese dicir que o son os uns e mailos outros e que os artigos han ser bos ou malos con independencia da lingua na que estean escritos e mesmo das verdades ou das falsedases que a xuicio duns e doutros podan levar dentro deles.

Vén isto a conto do escrito onte. Escollido un campo de xogo, un sentimental campo de xogo lingüístico, é doado xuzgar que, todo canto colla dentro súa –ás marxes son determinacións personais, pois só… faltaría que as establecese calquer sanedrín ad hoc, tanto por unha banda como por outra, non cren?– todo canto estea dentro dese sentimental e opcional campo sexa bo e todo canto se saia del sexa ruín, contraproducente e malo. Cando isto é así, pasa o que pasa.

Non coñezo familia en Galicia –aínda que algunha que outra debe haber– na que tódolos seus membros se expresen nunha sóa lingua, na que todos sexan católicos ou agnósticos, todos de dereitas ou todos de esquerdas e ecoloxistas. Nas familias das que eu veño –e conste que procuro levarme con toda canta xente coñezo das catro ponlas das que proceden os meus catro primeiros apelidos– en todas elas, hailles variedade pra dar e tomar. A todas pertenzo, de todas son, en todas me recoñezo.

En Lukumí, outra das miñas novelas que tamén pasou desapercibida, escribín algo co que me identifico, transcríbollo: "Sempre me movín entre eses dous olores, o dos brancos e o dos negros; acedo aquel, e ferinte; agridoce este, acolledor e cálido. Sempre entre eses dous olores. Unhas veces son un branco negro, outras un negro branco. Nunca poderei ser un negro-negro, endexamais un branco-branco. E sempre estarei entre esas dúas historias. Historias de brancos e historias de negros." E segue: "Perténceme as dúas, pois son un home. Móvenme os dous ánimos, pois son un home. O ánimo é a condición do home. Acaso eu o sexa máis ca ninguén. Tal é a condición da mestizaxe".

A cousa segue, claro, pero se que queren saber en qué queda van ter que mercar a novela. Por certo, houbo escandaleira, diría eu que vergonzante, tamén vergonzosa, cando no consello da editorial se soubo que regresaba, pero non paga a pena recordar quén protestou, sería descalificaerme eu cando os que quedaron descalificados foron eles. Fórono? Depende do campo de xogo que cadaquén escolla, da pureza do sangue elexido. A tal respecto, non sei se lamentar non ser un pura sangue. Non lles é isa a miña condición. A miña é a de amar as dúas linguas que me pertencen, de ningunha delas saberei renegar nunca, van no meu sangue. E qué?

Escritor, Premio Nadal

e Nacional de Literatura

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

ocio.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS