Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 22.01      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión

MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR E PROFESOR DE INSTITUTO

con mil amores

Plan trienal para castigar gorrións

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [13 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Os ditadores -máis aínda se cabe os de ­tendencia comunista- caracterízanse por arroutadas que poderiamos aceptar como ­simpáticas, se no fose pola morte e penurias que desencadearon para os seus súbditos. O título deste artigo, por exemplo, non é unha broma de verán senón unha xogada de pillabán do ­norcoreano Kim Il Sung a propósito dunha estúpida ocorrencia de Mao.

Tal e como contan no seu libro sobre Mao Jung Chang e Jon Hallidady, resulta que, obsesionado o Gran Temoneiro polas pragas de ­ratas, mosquitos e moscas, decidiu que, para manter a comida a salvo, tamén sería bo acabar cos gorrións. Para iso deulle orde á poboación de que axitaran paus e vasoiras organizando un grande estrondo, de xeito que a fatiga fixera caer os paxariños ó chan e a multitude os capturase acabando con eles. Como a idea lle _pareceu propia de xenio, Mao quixo exportala ó seu ­compañeiro de "servizo ó pobo", polo que o ­invitou a que ­tomase idéntica medida. Kim Il Sung, neste ­aso máis zorro, optou por dar nome ampuloso á arroutada (o plan trienal) pero permaneceu á espera de como lle ía a empresa ó camarada ­chinés.

Unha desfeita. A conveniencia de eliminalos non resultaba tan positiva como ó líder lle parecera, porque os gorrións, a parte de comer o grao, servían para evitar outra moitas pragas, ademais de que na matanza de gorrións morrían outros moitos paxaros. Comezaron a proliferar outras pragas de insectos e o bo de Mao veuse obrigado, despois da persecución, a pedir que lle enviasen gorrións. Os científicos levaron as mans á cabeza polo prexuízo ecolóxico que tal medida estaba custando e Mao non tivo máis remedio que recoñecer o seu erro e, en segredo, solicitalle á embaixada soviética que lle enviasen o antes posible 200.000 gorrións. O dirixente norcoreano, á espera do que acontecía en China, non tomara medida algunha dentro do seu plan trienal e librouse de ter que solicitar outros miles ás autoridades soviéticas.

Como as condutas dos ditadores deixan por desgraza a impronta nos seus pobos, agardamos que neste días de protagonismo olímpico, tan ­necesitados os chineses de ideas enxeñosas para acabar coa polución e vender Pequín como imaxe de país, non se lle veñen á cabeza ocorrencias do ­estilo do líder que durante anos os somete . E no caso de que algunha os tente, mellor que a pospoñan por trienios ou quinquenios, de xeito que a ­experiencia confirme se son medidas eficaces ou simples arroutadas.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS