Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 20.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión

RAFAEL CUIÑA

{ vademécum }

Novos tempos na Galicia política

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [23 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Existe na parte máis politizada da sociedade galega un forte ruxe ruxe sobre o devir dos tempos actuais, e os posibles "florecementos" de novas formacións políticas.

Estamos nun período convulso, cando non magmático, no que as sensibilidades latentes dentro das organizacións políticas galegas, pensan cal debe ser o vieiro polo que queren transcorrer no futuro. Tanto no PSdeG, como no BNG, o descontento dunha parte importante da militancia, -como a de moitos cargos institucionais-, reflexa situacións insostibles para seguir navegando nun mesmo barco, no que os buracos ameazan con afundir un percorrido conxunto de tanto tempo. Tampouco se pode confiar o actual partido do goberno no que, aínda que de xeito máis discreto, empeza a ter "fugas de auga" de alcaldes descontentos pola xestión da crise por parte da Xunta de Galicia, que ten afogadas as economías locais ante a política de recortes da administración galega.

Uns e outros están atentos ao posible xurdimento de alternativas políticas esperanzadoras para o futuro de Galicia, mais os proxectos novos, se queren ofertar un "produto consistente" á sociedade, non poden vir marcados por liderados personalistas nos que os que tentan marcar as pautas o fagan dende o rancor as súas opcións políticas anteriores. Proxectos nos que existan moitos "coroneis" e pouca "tropa", están destinados ao fracaso, se as bases sobre as que se cimentan son o egoísmo persoal e os axustes de conta con antigos compañeiros.

Socioloxicamente, hai moreas de galegos con sensibilidade galeguista que non se senten representados por ningunha das formacións do abano parlamentar. Se a esta realidade engadimos que as liñas actuais deses partidos non converxen co que a súa militancia demanda, o resultado final desa ecuación pode ser que algúns estean dispostos a ofrecer á sociedade acubillo político consistente, dende o cal o seu compromiso por esta terra poida derivar en traballo serio e responsable, lonxe das tan manidas declaracións de intencións que inundan o espectro político dos desencantados galegos.

Así pois, as tres formacións do Parlamento galego deben reflexionar porqué tendo teóricas bases consistentes, -apuntaladas por madeiros da suposta mellor calidade, moitos prefiren escoitar aos promotores de novos fogares, -aínda en época de crise-, que seguir sostendo eses piares, ao mellor non tan sólidos...

Ou non?

EMPRESARIO

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS