Jueves 24.05.2012
| Actualizado 20.39
Hemeroteca web
|
RSS

Aledeime moito co Oscar recibido pola película El secreto de sus ojos . Polo cine, por Campanella, por Darín, por Villamil, por Francella e por Arxentina. Porque é unha película capaz de conxugar ingredientes como o thriller, o amor, o humor e a denuncia. E porque ver filmes así reforza a idea de que as boas historias sempre triunfarán, a honestidade e a artesanía merecen a atención , os bos actores, ben gobernados por un director que o unifica todo, poden converter en pracenteiro deleite sentarse diante dun pano branco, entregarse á luz en movemento e soñar que vivimos mellor.
Isto a pesar de que ver películas latinoamericanas case esixe que estean subtituladas, un pérdese nesa fala axilmente encadeada nunha serra de tons con ritmos que non dominados, e nos fan perdernos coma se dun idioma descoñecido se tratase. Menos mal que para desfacer este inconveniente, intervén nesta ocasión o magnífico Guillermo Francella, quen dá vida ó intelixente, tan simpático como bo amigo personaxe de Sandoval , proba de que , sen perder acento e aínda borracho en gran parte da película, se pode entender á perfección os seus textos. Só por algo moi lóxico e simple que parece que actores do momento non valoran suficientemente: a imprescindible condición de contar cunha boa voz e capacidade de dicción perfecta para dicir un texto, pois ser actor non só é xesto. Certo que o cine non é teatro, pero os personaxes falan, e sen voz nin dicción, mal os entendemos. Quen non nos importaría que non falase moito é Dolores Villamil. A esa muller concedéronlle os deuses o don da fermosura diante dunha cámara. O segredo dos seus ollos non se descubrirá nunca, porque hai segredos que acompañan a quen os posúe por máis que pretenda desvelalos. Se ri, se chora, se mira, se desexa, se sofre, se dubida, se anhela, se odia, se treme... todo aparece nese rostro esculpido na seda das emocións máis auténticas. Non é que Ricardo Darín non defenda o seu papel coa elegancia que o caracteriza, nin que o trazado do guión sexa preciso e delicado, nin que a trama garde intriga e ritmo ben dosificados, pero é que Villamil atravesa a pantalla, invítate a mirar para diante e miras, decláraste igual ca ela incompetente para mirar atrás. Por iso me estraña tanto que ela non saiba ou non teña quen lle diga que non cante. Que se conforme cos dons que ten. Non hai moito veu a Barcelona a presentar un disco titulado Morir de amor. Que mágoa intentado realizar aquelo para o que os deuses non a chamaron.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira