Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 20.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión

SUSO SEIXO SECRETARIO XERAL DE LA CIG

tribuna libre

A loita polo emprego, salarios e pensións

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

ACIG celebra neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións. As tres cousas hoxe ameazadas pola crise económica e as políticas neoliberais dos gobernos. A crise económica foi provocada polo fomento dunha economía especulativa, ao servizo do capital financeiro, que supuxo a obtención dun enorme lucro para uns poucos a custo da sobreexplotación da clase traballadora e da precarización das súas condicións de traballo.

Pois ben, a pesar das grandes declaracións dos gobernos da necesidade de adoptar medidas para un maior control do sector financeiro, a realidade é que nada deso se fixo e segue sendo a grande banca quen está a dirixir as políticas económicas dos gobernos e a especular nos mercados financeiros cos recursos coa débeda pública, moita dela provocada polos empréstimos feitos ao sector financeiro polos gobernos.

Nada se está a facer desde os gobernos por rematar cos paraísos fiscais, por controlar os movementos especulativos de capital, por reformar o sistema fiscal cara a un sistema impositivo progresivo, por un control público dos sectores estratéxicos...

Séguese incidindo nas políticas neoliberais de sempre, de recorte do gasto público e dos salarios, de recorte das pensións públicas e de dificultar o acceso ás mesmas, de facilitar o despedimento, en definitiva, de recorte de dereitos laborais e sociais, de precarización das condicións de traballo, facendo que a crise a paguen os traballadores.

Desde a CIG, queremos denunciar o papel de colaboradores necesarios que están a xogar CCOO e UGT nesta política do capital tan agresiva contra os intereses da clase traballadora, demostrando unha vez máis a súa complicidade co modelo neoliberal. Só así se pode entender o Pacto Salarial que veñen de asinar para os próximos tres anos, que vai supor na práctica perda de salario para a grande maioría de traballadores e traballadoras, nun momento no que se require precisamente a recuperación do poder de compra dos traballadores e traballadoras para tirar da produtividade das empresas. Foi a caída do poder adquisitivo dos salarios e do seu peso no PIB un dos factores que influíron na actual situación de crise económica.

Por que se estas dúas centrais sindicais se prestan a dar a imaxe de cara á sociedade de que a saída á crise está na reforma do mercado laboral e na moderación salarial? Por que non se mobilizan para exixir do Goberno políticas estruturais serias de control do sector financeiro, de reforma do sistema fiscal, de control público dos sectores estratéxicos como o enerxético ou bancario?

Denunciamos a pasividade total da Xunta, e a complicidade con estas políticas e o modelo neoliberal, e a falla de alternativas como goberno galego contra a crise. En calquera caso, a nosa obriga é dar o debate, ofrecer alternativas e chamar á mobilización social para parar esta nova agresión aos nosos intereses e esixir outras políticas diferentes, que habelas hainas, para saír da crise.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS