Jueves 24.05.2012
| Actualizado 20.39
Hemeroteca web
|
RSS

E a Camps houberon de engadírselle comentaristas como o caralavada de César Vidal (autor de moita obra, desde mamotretos de "historia", ata novelas "históricas", pasando por tratados "relixiosos" ou libros infantís decididamente infanticidas) a chamar aos profes de Cidadanía, fascistas e abortistas (sic).
O primeiro porque a propaganda cavernícola sostiña que esta materia viña substituir aquela Formación del Espíritu Nacional (ou "Política") que sufríramos os cativos do franquismo.
O segundo, porque o conto era que se trataba presuntamente de adoutrinar aos nenos en moralidades, e aí, por suposto, ía o aborto como bandeira de enganche dunha asignatura deseñada por tropa sectaria.
Aconteceu logo que a cousa non era tal. Que Educación para a Cidadanía era o que o seu título dicía, un complementar desde as aulas, unha hora, un día por semana, esa educación que se dá nas casas (supónse) e que fala de solidariedade, respecto ás minorías, celebración dos dereitos humanos, amor pola libertade, cariño por xente como Gandhi, Rosa Parks ou Mandela, xente que deu moito porque desfrutemos (ou anseiamos facelo) deste don de vivir libremente.
Mais o asunto non debeu de quedar moi nidio, porque alá vai CIdadanía neste mar proceloso onde máis que remos o persoal seica aposta polos paus de cego. País duro, tan ben retratado por Pérez Galdós en Miau, con aquel Ramón Villaamil a zoupadas entre cambios ministerais, sempre a lle revirar a levita ao anterior.
La vai Educación para a Cidadanía e ven Educación Cívica. Veremos que cara trae o novo invento. Que a libertade é unha sóa. Dígao Agamenón ou o seu porqueiro.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira