Jueves 24.05.2012
| Actualizado 20.39
Hemeroteca web
|
RSS

De cando en vez descóbrese unha obra dun compositor ou escritor que estaba escondida non se sabe onde: que se uns fragmentos de Mozart, que se unhas notas de Pasolini... E todos os seus sieiros, encantados. Pois isto acaba de suceder cunha tea cun muíño de vento que, segundo o Museo Van Gogh de Amsterdam, pintou dito autor en 1886.
A tea, titulada Le blute-fin, estaba en mans dos herdeiros do coleccionista Dirk Hannema, falecido en 1984, quen a mercou nunha poxa en París en 1975. Aínda que Dirk sempre afirmou que se trataba dun Van Gogh, ninguén tomouno nunca en serio.
No fluctuante ranking de mercado de valores, a suba e baixa é unha constante. En ocasións se poñen de moda pseudo-valores como facerse famoso a calquera prezo, a especulación, o amor sen compromiso ou a trivialización da vida humana en xestación. Pola contra, outros de máis peso como o traballo ben feito ou a fidelidade quedan por detrás.
Algunhas televisións e revistas sensacionalistas xogan moito nisto. Pero as modas de cada momento non sempre acertan á hora de definir que é a autenticidade. E senón, que lle pregunten a Dirk.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira