Jueves 24.05.2012
| Actualizado 20.08
Hemeroteca web
|
RSS

Non é por presumir, nin porque estea eu diante, madia leva, pero hoxe a miña neta cumpre anos. Que eu dea conta delo coa mesma impudicia con que adoito dar conta de tantas outras cousas consideiradas imprudentes por non poucos é algo ó que non me resisto. Nin que os xornais só estiveran dirixidos ó comentario dos problemas do señor alcalde, as vicisitudes ministeriais ou a dar conta do horario de misas dominicais, que tamén, pero non só. Non se me vai da cabeza que, según indican as enquisas, o 70% da poboación non confía, nin nuns, nin noutros, pra sacar ó país desta na que está metido. Cando un país non confía na súa clase política ata os extremos citados, malo, malo, malo. Se os xuíces non lle merecen maior confianza, os banqueiros antóllanselle lobos tendo conta das ovellas coa anuencia dos mastíns, e por aí seguido, ata a exasperación e o pasmo, non é de estrañar que novas como a que comeza estoutro día deban ter cabida anque só sexa pra poder soñar que hai un futuro no que han coller as ilusións que poida ter unha nena de doce aniños; ou sexa, que a servidor parecelle unha noticia interesantisima. Por iso llas dou, faltaría máis. O humorismo consiste en presentar unha situación traumatizante dun xeito que permita separar os aspectos pracenteiros, irónicos e insólitos. A afirmación pódelles parecer algo freudiana. Éo. Foi Freud quen a formulou. Eu limítome a recordala, non tanto pola nova coa que comeza o artigo, importantísima, máis neste país noso menos cheo de avós do que debera -e non falo por mín que xa teño catro? e os que veñan- senón porque estou a agardar pola clave humorística que, caso de habela, separe os aspectos da traumatizante crise que atravesamos, arredando os pracenteiros, dos irónicos e tamén dos insólitos. Estes últimos son ó meu entender os máis precoupantes. É insólita a pouca ou nula confianza que a clase política ten entre a cidadanía. Pero non é de estrañar. Hai anos -os máis novos blogueiros deste espazo non se han acordar delo; como de tantas outras cousas máis- que se ven sinalando os efectos nocivos que deveñen dunha partitocracia, que é a fin de contas onde nos tocou vivir. O deputado rende contas ós dirixentes do partido, convertidos así nos seus amos, en troques de renderllas ós electores que son os reais depositarios da soberanía. Ó millor hai que ir pensando en alterar algúns aspectos constitucionais se é que realmente queremos sair desta situación que tamén ten aspectos irónicos e pracenteiros; aqueles prá maioría, estes pra uns poucos e privilexiados cidadáns habitantes nas órbitas dos partidos. Miren onde conduciron tantos esforzos outrora habidos.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira