Jueves 24.05.2012
| Actualizado 20.08
Hemeroteca web
|
RSS

Nos anos últimos da ditadura franquista e tamén na transición, daba gusto asistir a actividades culturais. Todo remataba, case sempre, en compromiso político e social, en emoción verdadeira. Fose o que fose, unha conferencia, un recital poético, unha mostra de pintura ou escultura, unha representación teatral, unha sesión de cineclub ou un cantautor rañando a guitarra, o público desfrutaba, a xente devecía por participar. Conforme foi pasando aquela etapa de ansia de liberdade, esmoreceu o debate e a presenza nos actos foi a menos. Na actualidade, nos tempos do ligth e do glamour, do culto ao corpo, do famoseo de "medio pelo", solidariedade virou en palabra longa, difícil de pronunciar, algo que soa lonxe, paripé que non conmove. Lembro, con todo detalle, un dos primeiros actos que axudei a organizar: o 25 aniversario do pasamento de Castelao, en 1975, pouco antes da fin do tirano, en Compostela. A resposta foi formidable, superabamos as previsións máis optimistas.
Aquel día, o salón artesoado de Fonseca, actual Reitorado da USC, resultou ateigado coma nunca. Centos de mozas e mozos escoitaron a Don Ramón Otero Pedrayo con devoción, mentres el evocaba -verbo valente e vizoso- ao irmán Daniel, o que tiña ollos de Arousa. E as bágoas, non minto, afloraron en moitos de nós. Algo despois fixemos o Festival da Canción Popular Galega: dilapidación de irmandade, causa común, mala e boa música, poesía e sentimento. E así outras significativas manifestacións lúdicas, laicas, nosas (da miña xeración, os do 72). El chegará a hora de que o pasotismo dea paso a outras actitudes? Non, sen que a historia volva atrás.Nin moito menos. O póximo 22 do mes que andamos, ás 20.30 h, en Compostela, no Centro Caixanova de Cervantes, celebraremos o Día Mundial da Poesía con escritores de L'Aquila (Italia), Haití e Chile. Voces solidarias serán as nosas, as dos poetas galegos. Pena sería que resoasen en baleiro.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira