Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 20.08      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

{ No pasar dos días }

Na véspera do silencio

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

BAIXO ese título tan suxestivo e tan acaído á esencia poemática transmitida nas súas páxinas, nesta fin de semana dei cabo á lectura do recente libro de versos de Soledad Pite, cun pórtico de Luís Cochón e ilustracións das autora. Este volume, número 65 da colección editorial Libros da Frouma, vén constituído por trinta e nove poemas que semellan como quereren vir facernos partícipes das máis sutís vivencias e preocupacións, das percepcións persoais e lembranzas máis íntimas –case sempre co pulsar da natureza ao fondo– e invitármonos á plena apreciación do noso tránsito existencial onde adoitan converxeren felicidades, pesares e melancolías. As composicións presentan diversa estrutura formal na súa versalidade (en poesías maiormente de versos libres curtos, longos, ou en caprichosa alternancia nun mesmo poema), caracterizados por posuír unha certa sonoridade e unidade de sentido na que se observa unha intensa visión de fondo emocional na resolución das ideas que compoñen a configuración temática. Un poemario de evidente interese e que merece a miña cordial felicitación.

Teño escrito acerca de Soledad Pite Sanjurjo como espléndida pintora. A última vez cun texto aínda inédito que titulei A ollarmos palabras pintadas para unha exposición que aínda se lle está a deber e no que utilicei o nome que ela previra para esa mostra. Nel dise: "Velaquí estamos a entrar, expectantes, nunha outra realidade que se nos propón como unha atraínte serie de espazos planos ilustrados, recollidos do escenario tridimensional da vida. Unha sorte do que puideramos considerar como unha hiperrealidade (non un hiperrealismo pictórico) entendida como unha ‘realidade mediatizada’ pola interpretación creativa que a artista achega nas súas obras. Temos no noso diante, xa que logo, a presenza plural duns cadernos de traballo, de sobria aparencia clásica, con temas picturais e textos manuscritos cargados de mensaxes e de suxestións versicolores da autoría de Soledad Pite".

Neles permitíasenos entrever –entre os lindes da figuración e a abstracción– "os secretos case mistéricos da súa esencialidade intimista, das orixes das vivencias súas emanadas desas fragmentacións da realidade escritas con pintura e pintadas con palabras". Máis adiante precisaba: "… unha fusión esencial na que a acción creadora abrangue eses ámbitos para acadar unha máis plena expresión sensitiva, proceso polo que un estímulo externo ou interno provoca unha reacción específica, producindo unha percepción ou coñecemento inmediato e intuitivo. Cúmprese como unha necesidade de retorno a unha maior manifestación do pensamento por medio da conxunción da palabra e da imaxe". Aí estaba –e está– o punto da orixe na dobre proxección en que se manifesta a súa actividade creadora: a pintura e a literatura.

Nunha carta Soledad lémbrame: "Hai tempo que ti vaticinaras que algo así me podería pasar e, efectivamente, foron prendéndome as palabras". Repítolle a cordial felicitación e remato cuns seus versos que nos din: "Para os días non escritos que nos resten / é preciso que sementemos hoxe / as cores invisíbeis da esperanza".

Da Real Academia Galega

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS