Jueves 24.05.2012
| Actualizado 18.39
Hemeroteca web
|
RSS

Na acción cultural de goberno que se reclamaba onte, procuróuse non citar o eido concreto da política lingüística. Con independencia da bondade ou da maldade de proxectos e decretos ó respecto que vaian avante, ou de decretos e proxectos que vaian atrás, porque se retiren ou desaparezan, se ignoren ou se anulen, a situación real é a derivada dunha deleznable instrumentalización política da lingua galega, que acabou por provocar un conflicto político-lingüístico que non tiñamos.
Tíñamos, e aínda temos, unha realidade consecuencia da escolarización total da nosa poboación. Mentres os nenos galegos non estiveron todos escolarizados, mentres a escola non penetrou no tecido social tal e como o fixo a partires dos anos sesenta, emparellada coa radiotelevisión, o galego resisteu tal e como o viñera facendo dende había séculos. A penetración da escola e da televisión, por moito e moi axiña que a partires dos oitenta e mesmo antes fosen incorporados ó proceso o ensino e maila televisión en galego, derrubou o encoro que a historia construira ó longo de séculos. O ensino en e do galego e maila utilización nos medios masivos de comunicación da lingua galega non foron abondos prá consolidación pretendida, non xa prá normalización anunciada. A maiores veu a instrumentalización política da lingua ou, máis concretamente, a súa instrumentalización político-partidaria. E nesas andamos. Ou se pacta un plan de consolidación do idioma que inclúa outro de non agresión partidario-electoral por conta da lingua (da lingua galega entendase, pero tamén da lingua española) ou o conflicto -probablemente decidido en instancias políticas, pero instigado, alentado e potenciado desde meses antes da pasada contenda electoral dende outras e concretas instancias mediáticas- irá a máis e acabará por rematar, seguro, dun xeito escasamente desexable. A maioría da poboación galega non está polas imposicións a este respecto, nin nun sentido, nin noutro. Nin admitiría que lle fixesen esquecer a lingua na que foron aleitados, nin consentiría que lle impusexen outra por riba da que cada quen en cada ocasión decida, con independencia de cál sexa en cada oportunidade, se o galego, se o castelán (devido en español, como se non quixeran que o galego o sexa). A máis da cidadanía galega quere ese pacto e non desexa a politización partidaria do que debe ser común e compartido. Nin sobra o castelán, nin sobra o galego. Sen embargo, tanto un coma outro, dependen da vontade colectiva que os intereses políticos, ocasionais e partidarios, están condicionando en aras dun rendemento electoral, lexítimo si, legal, si, pero de todo punto indesexable.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira