Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 18.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

XAVIER SENÍN

de vagar

Home armado

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.0/5 [11 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Nas duras noites de inverno todas as casas se fechaban con sete ferrollos. Amparada na escuridade adoitaba aparecer xente necesitada de pousada e de pan. Afeitos á adversidade e aos rigores do tempo, ningún era mirado e valíalles calquera recuncho na palleira ou no banco da lareira. Con todo, había que ter tino para saber quen entraba na casa. Os pobres de pedir eran ben coñecidos e por ese lado non había coidado. O malo eran os demais, pois, aproveitándose da presenza de guerrilleiros na serra, formáranse bandas de xentalla que se dedicaban ao saqueo. Contra uns e contra outros loitaban os civís. A máis da xente axudaba os guerrilleiros que de vez en cando viñan buscar comida. Algúns xa se fixeran coñecidos.

Unha noite, cando todo o mundo xa estaba na cama, sentiuse petar na porta. Foi abrir o vello que atopou perante súa un home que pedía permiso para pasar a noite. Franqueoulle o paso, pero nada máis pasar ao seu carón notoulle que ía armado. Mandouno sentar e sacoulle algo de pan con touciño, pero antes de encetar a broa avisouno de que se quería estar naquela casa, tiña que deixarlle a pistola que levaba ao cinto. O home así o fixo e pola mañá cedo desapareceu sen máis deixando a pistola na casa.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS