Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 18.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

A competencia do autogoberno

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [3 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

Díxose sempre que o millor goberno é o que non se bota en falla. Probablemente tal afirmación estea reservada tan só prós excepcionais casos dos máis excepcionais e millores países; por exemplo, aqueles nos que a sociedade civil é tan forte e está tan firmemente asentada que o goberno pouco menos que poda resultar molesto. Italia, adoita ser proposta coma o paradigma desto que se comenta. Trátase dun país que pode estar sen goberno durante semanas sen que pase absolutamente nada máis ca iso, que non é pouco, pero sen que por elo o país deixe de funcionar, igual e mesmo hai quen afirma que millor que antes, como cando o goberno exercía as súas funcións. Hai outros países nos que, en cambio, é moi necesario que se note a presenza do goberno: aqueles nos que a sociedade civil non é tan forte. O malo é cando neses países a función do goberno é notable e certa, pero non axuda moito a que se consolide a sociedade civil; é dicir, ese proxecto común e solidario, ese horizonte compartido ó que chegar por unha ruta de navegación concebida ad hoc e xeneralmente comboiada que fai posible a imperceptibilidade do goberno.

Ademáis de países e situacións como as citadas aínda existen outras realidades nas que é necesario que se note a presenza do goberno. Son aqueles e aquelas nas que se desenvolven situacións propias de colectividades con hábitos psicolóxicos diferenciados, lindes xeográficas precisas, clima propio e focalizado, lingua de seu, dereito e prácticas económicas peculiares, carentes os países desa sociedade civil sempre tan necesaria e ubicada a súa cultura de seu nunha situación digna de lamentar. Mesmo sería ocioso advertir, a efectos dunha falta de identificación que non se produce, que a competencia do autogoberno raia na realidade federal e que no exacto e concreto eido que atinxe á cultura de seu, as competencias son prácticamente totais de maneira que, estando a súa cultura na situación que se indica, o goberno desa colectivaidade humana é o responsable máximo, por mandato constitucional, da continuación do proceso histórico de mantenemento de todo canto a diferencia e significa. Por suposto que estamos a falar de nós. Eiquí chegados e por se é caso, a primeira pregunta e se a nosa realidade é inxerible nas coordenadas político-culturais citadas. A resposta é sí. A segunda é se a acción de goberno no eido cultural é perceptible. A resposta, neste caso, é non. Non hai unha acción de goberno notable, nin perceptible, no eido da cultura. Pero de habela sería bo que a explicaran. Pero sen mentar o Xacobeo, por favor, que sí é cultura, pero estamos a falar doutra cousa.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS