Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 18.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

los otros días

Aplícome na lamprea

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.8/5 [6 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti

Un extinto escritor galego que, según algúns, menciono moito máis do que debera -polo tanto, cando menos hoxe, silenciarei o seu nome- e máis eu entretivemos algunhas horas das nosas vidas en dilucidar de qué serían as empanadas das que se dispoñen a dar conta unhas figuras que hai nun dos capiteis existentes no refectorio do pazo de Xelmirez. O escritor, que era un home máis culto ca min, máis leido, pero non máis escribido, iso non, opinaba que eran de lamprea. E citaba fontes. Servidor nunca lles foi moi adicto do argumento de autoridade e anque só fose por amolar opinaba que o mesmo podían ser da que en Pontedéume chaman costrada. Tiña razón el, son de lamprea. Seguindo onde o deixamos onte, no Pórtico da Groria, nen sequera estando a lamprea en tempada adoitamos levar ós nosos visitantes a coñecer o pazo do gran arcebispo galego que nos aprendeu a todos a remover Roma con Santiago. Menos mal que se está a pór de moda levalos á cuberta pétrea da catedral e que, pra facelo, hai que ascender pasando por el e, de paso, aprovéitase e faise unha paradiña.

Volvendo á empanada de lamprea convén repasar a iconografía sacra de séculos precedentes pra poder deducir os moxigatos que nos volvemos en tantos e tantos aspectos do vivir cotiá, este da gastronomía incluido. Noutros tamén. Vendo imaxes da Virxe María Lactante, obra de diversos autores, acordéime da que lle montaran a unha irmá de Michael Jackson porque deixara ver unha teta, pezón incluido, durante un seu concerto. Se o teu ollo te escandaliza, arrincate o teu ollo. Pensei naquel momento vendo os distintos acenos da Virxe e recordando o episodio da cantante.

Vir, viñame ben teimar un pouquiño nel, pretendendo como pretendo seguir falando da lamprea por conta da que tomei esoutro día -non no Carretas, non se preocupen- preparada en escabeche. Cousa seria, malia que o escabeche apagalle un chisco a sabor. Non é que se poida confundir a lamprea co sábalo que tan ben preparaban en Salvaterra do Miño, hai anos, pero mesmo a consistencia da súa carne perde a prestancia que lle da se se prepara á bordelesa. Estas cousas que a moitos lles poden soar frívolas non lles eran así prás xentes do Medievo, moito máis liberais do que nós e moi pouco habitantes do val de bágoas que tanto nos predicaron con tal de nos convencer de verdades que negan dende as testemuñas literarias ata as iconográficas. Por iso non é malo se preguntar qué dirán de nós e do noso tempo as obras actuais. Vendo algunhas imaxínomo. E encólleseme o corazón, qué queren qué lles diga.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS