Jueves 24.05.2012
| Actualizado 18.39
Hemeroteca web
|
RSS

Faleceu hai uns meses en Buenos Aires, onde nacera en 1926. Seus pais emigraran dende a Terra Chá. Era médico e chegou a dirixir o departamento de Hematoloxía do Centro Galego. Incorporouse ás nosas Mocedades Galeguistas a pouco de se fundaren, en 1953; concorría ás tertulias dos sábados (como facían outros arxentinos: Elsa Fernández, Ricardo Palmás, Carlos Abraira...) de Follas Novas. Alí naceu a Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, o 10-10-59, e Antón sería un dos seus principais animadores (clases de galego, revista Alén mar, campamentos estudiantís na Patagonia, encontros con intelectuais galegos en Vigo e en Santiago). Gustaba da filosofía e da antropoloxía. Colaboraba na prensa. Era un defensor da nosa lingua, e andou conmigo e con outros activistas esparexendo na avenida de Maio e en Florida a denuncia que fixeramos ante a Unesco pola marxinación do galego polo franquismo. Estivo varias veces en Galicia, unha delas en 1993, para participar nun Congreso de Poetas Alófonos, na Universidade de Santiago. É autor dun libro singular: Los gallegos y Buenos Aires, reeditado entre nós hai uns anos. Escribe con humor, con retranca, e nesa obra trasládanos as súas observacións en torno á nosa idiosincrasia e ó noso comportamento social no ámbito porteño. Nos últimos anos facía divulgación científica na radio, con moita audiencia. E a defensa perenne dos nosos valores evidenciouse cando armou unha sonada protesta arredor do libro Cuentos de gallegos certamente ofensivo para todos nós. É autor do guión do documental Castelao (dirixido por Jorge Prelorán), de máis de dúas horas de duración, premiado no Festival de Cine de Bilbao e nominado para o Oscar. Moito máis podería contar deste bo amigo, deste galego de Buenos Aires. Doinos a súa perda, pero, como alguén dixo, as cousas son como son.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira