Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 18.39      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Amosándolles Compostela

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.9/5 [8 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti

Santiagueses e composteláns, persoal incorporado e outros habitantes do hiterland, eu entre eles, amén da xeneralidade dos galegos que ben polos "fuegos" do Apóstolo, ben porque si, ben por unha cousa ou por outra veñen por eiquí a se dar unha voltiña, eles e nós, nós e eles, temos de vez en cando que amosarlles Compostela ós visitantes. ¿Ou seica non? Normalmante levámolos á catedral, dámoslle unha voltiña polo medio, outra polo alrededore, como fai o que ben baila, como fai o bailadore, e, de contado, ó patio de Fonseca a lles cantar aquela do soíña que está, sola, sola se queda Fonseca, sola, sola, queda la Universidad. Tamén os levamos á fonte das Praterías a beber auga bendita nos cabaliños de pedra. E pare vostede de contar. En fin que a cousa non nos da pra moito máis e axiña atallamos cara o restaurante máis próximo polo aquel das nécoras. Non é porque estea eu diante, pero xa saben que eu, en cuestión de nécoras e lamprea, tírome ó Carretas coa mesma afouteza que Don Peregrino Reboiras Torrado, reitor que foi da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, lle recomendaba ás súas fegresas que, en tempos de coresma, se tiraran ós ovos no canto de que os seus homes lles pidiran carne. Por qué somos tan sucintos na viaxe pracenteira de amosar tales marabillas. Pois porque a cousa esta da memoria ou do coñecemento non nos da pra máis , según os casos, e adoito non podemos contar moito máis do que contamos. Agora poderemos porlle remedio. Non digo xa os compostelanos de nación e vocación, senón os galegos todos, temos unha oportunidade excepcional de ilustrarnos ó respecto. A partires de agora poderemos contarlle ós que nos visiten cousas que os nosos avós non ignoraban e nós todos esquecimos. Nas novas instalacións de Caixanova en Compostela, sitas na hogano Praza de Cervantes, antano do Pan, a mesma que foi testemuña do único auto de fe celebrado en Galicia pola Inquisición, cando menos que eu saiba; alí, no edificio que foi de Olimpio Pérez, un gozo de restauración, está a mostra fotográfica d'O Pórtico da Groria. Misterio e Sentido. Trátase dunha excepcional mostra que nos desvela, recorda ou redescrubre os enigmas do Pórtico de Mateo. Faino dun xeito tan didáctico e ameno que, calqueira que a visite, poderá falar no futuro a cerca do Pórtico con certeza e sen medo de errar nas súas manifestacións. O qué tal poderemos fardar logo coas visitas. Eu tamén, claro. Por iso permítome recomendarlla aos meus lectores todos. É amena, fermosa, didáctica, clariña, nada pedante nin pretenciosa, sinxela, bonita e as fotografías todas son excepcionais. Vaian vela. Verán qué cousa.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS