Jueves 24.05.2012
| Actualizado 18.39
Hemeroteca web
|
RSS
Levo preto de trinta anos traballando na construción, onde o horario sempre foi de dez horas cando non máis. Súmelle vostede, señor Zapatero, á miña vida laboral oficial, os anos de vida laboral sumerxida, grazas a explotación das empresas do ramo, co consentimento de gobernos e sindicatos de turno.
Fáltanme quince anos para xubilarme, rondan os vinte sumándolles os sumerxidos. Agora vostede quere que traballe dous anos máis, é dicir, dous e medio. Vaia vostede, señor Zapatero, sumando, coma suma o meu corpo, as dúas vidas laborais, e saiba que non penso morrer coas botas postas. Polo perigosa que é a construción, hai anos fixen un seguro de vida para ter protexida a miña familia. Co seu talante, teño que pagalo dous anos máis, pero tamén lle dá máis posibilidades a miña dona de cobralo.
Eu aprendín das outras crises, a gardar das risas para as choras. ¿Vostede que aprendeu? Tiven fillos e nunca me deron unha paga; pola contra, quitçaronme o que eran daquela os puntos. Cumprindo todo os requisitos, solicitei vivenda protexida e estou sen ela.Coñezo xente que ten dúas. Nunca me fixeron sentir menos español que nos últimos anos. Nunca me protexen, pero sempre me toca arrimar o ombreiro. ¿Por que non llo pide os que se beneficiaron do seu talante? Eu arrimarei o ombreiro, pero coma moitos, porque é a punta de navalla.
Para darlle animos, remato dicindo que doutros que veñan tampocou espero gran cousa. E non vou nomear o que perdeu o "prestigio" grazas o Prestige.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira