Jueves 24.05.2012
| Actualizado 18.39
Hemeroteca web
|
RSS
A asociación Hoy por mañana organizou o 30 de xaneiro unha excursión ó Museo do Mar de Galicia, na que participaron un neno e unha nena afectados por parálise cerebral e dúas monitoras. Para o traslado contratamos o servizo P.M.R. de Vitrasa pero, á chegada ó Museo, un garda impediu que o vehículo deixara os rapaces na entrada, aínda que van en cadeiras de rodas e hai que baixar unha costa empedregada. Tras unha longa discusión, permitiulle o paso.
Unha vez dentro do museo, a recepcionista indícalles (con malas formas) que se teñen que dirixir ó fondo ou pagar a entrada. Pagada esta, aconselloulles visitar só o acuario xa que non ían comprender nada da exposición. Os rapaces, aínda que padezan parálise cerebral, non son discapacitados intelectuais. Entenderon perfectamente as palabras da recepcionista e danaron a súa autoestima.
Durante o percorrido ninguén lles indicou onde estaban os ascensores e tiveron que subir á seguinte planta empurrando as cadeiras. Tamén quixeron seguir a visita guiada pero ninguén lles deixou un oco para poder ver a exposición e escoitar á guía. Como remate da visita, os rapaces participaron nas actividades organizadas con motivo da exposición Darwin, navegando no Beagle e as persoas encargadas de dirixir estas actividades colocáronos a eles e as monitoras ó fondo da sala, separados do resto dos nenos. Ó saír, tiveron que subir a costa porque o autobús non puido recollelos e, debido ó empedregado do chan, a un dos rapaces rompéuselle unha das rodas da cadeira.
Como presidenta de Hoy por mañana, debo engadir que, na inauguración do museo, insistiron en que non había barreiras, nin arquitectónicas nin mentais e, cando nos puxemos en contacto co Museo do Mar para organizar a saída, comunicáronnos que as actividades eran integradoras. Estamos totalmente indignados co trato recibido e non comprendemos que se sigan dando estas situacións de exclusión e insolidariedade.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira