Jueves 24.05.2012
| Actualizado 18.39
Hemeroteca web
|
RSS
Ocupa a zona baixa do Concello de Parado de Sil, coñecida como a Ribeira. Noutra banda do Sil, as viñas solleiras de Amandi. Sacardebois é un nome curioso. De cando neno, oía dicir que neste lugar, quizais pola Barca de Baixo, sacaban os bois que viñan de Lugo cara a Ourense e viceversa. Non obstante, o topónimo Sacardebois non ten nada que ver con "sacar bueyes", asegura Joaquín Caridad Arias na súa tese Toponimia Celta de Galicia. "Boisaca" é unha palabra composta: o segundo elemento "Saccarius, Sagar ou Sakar", un nome de persoa de orixe ibérico. O primeiro elemento "bois" debe proceder do celta "boudio", que equivale ó latín "victoriosus". "Sakarboudio" é coma se dixeramos que un dos nosos devanceiros, un tal Sakar, saíra vitorioso, malia de non sabermos as circunstancias da súa vitoria.
Sacardebois, ademais de curioso, é un topónimo raro. Tanto é así, que ata o mesmo Padre Sarmento, no século XVIII, se ocupou del nun libreto. Segundo o freire ilustrado, de Rovoyra Sacrata, coa deformación do uso, derivaría en Sacra Revoyra; logo, en Sacar boira, rematando a evolución no actual Sacardebois. De maneira que a miña aldea, Sacardebois, vén se-la Ribeira Sacra de antano. Pido, por tanto, dende este estrado, que a capitalidade se traslade de Monforte de Lemos a Sacardebois. Por pedir que non quede.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira