Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 17.37      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión

Xosé Manoel Campos Vilar . A Coruña

Estaleiros

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti

Xa cansa ler tantos anos e tantas veces que Astano volve á construción de buques mercantes nas dúas gradas.

Considerado a mediados dos anos 80, o estaleiro máis grande de Europa e líder da construción ríxida, non sucumben por casualidade, senón máis ben como vítima de intereses políticos e de competencia; representados principalmente por Alemaña, que o esixía para poder entrar España no MCE e saldar vellas contas en Suresnes.

A reconversión da principal fonte de ingresos da nosa autonomía non foi posíbel sen a complicidade da case política a todos os niveis, tamén coa dunha ampla base social periférica.

A Cidade da Ilustración (o Ferrol de Pablo Iglesias) non pechou nin un só día en sinal de solidariedade, por contra achegou políticos e sindicalistas dispostos a firmar e xustificar a reconversión publicamente. (Así se fixeron carreiras espectaculares). Agora non parece estar contenta a cidade sen o estaleiro da aldea de Fene, pero tampouco aprenderon do pasado, senón esqueceríanse de perxudicar Reganosa, cando calaron mentres se construía. A solución sería que Feijóo, a diferenza do anterior presidente da Xunta, fixese forza co BNG ante o Goberno central defendendo Astano, como están a facer na defensa da fusión das Caixas.

¡Claro que esas negociacións terían que ser masivamente apoidas pola xente na rúa, principalmente as das tres comarcas máis implicadas: Ortegal, Ferrol e Eume! E por suposto, polos traballadores de Astano que se esqueceran de non firmar a reconversión.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS