Sensibilizado e solidarizado co problema acontecido na praia de Riazor/Orzán, e tendo a experiencia para evitar este tipo de desastres, paso a comentar o asunto. Non é un problema de bandeiras de alerta nin de estacións do ano. É un problema de coñecimento e de información. Non hai heroes nen imprudentes. Non hai bébedos nen salvavidas. Nas praias bravas como a do Orzán, na Coruña, existe un perigo natural descoñecido polas autoridades e polos cidadáns que ten nome: chámase aguieiro. Esto é unha forma de areas movedizas combinada coa marea que ó ir camiñando pola veira do mar, de repente desaparece o firme engulindo para o fondo cualquier cousa que por alí pase. Este fenómeno é incontrolable e cambiante de zona, con fosos de diferentes alturas producidos pola forza do océano nas praias bravas a unha distancia aproximada de 50 metros do cantil. En todas as praias de mar aberto como a da Frouxeira, Pantín, Riazor/Orzán.., etc, existe este perigoso feito natural.
Debo dicir que os mortos ou afogados, son producidos por absorción inmediata, podendo votar moito tempo desaparecidos e soterrados pola area no mismo pozo onde foron absorvidos, dependendo da profundidade das distintas e variadas fosas que conforman o aguieiro.
Como ven esta non é unha simple carta, é unha información para evitar todas as mortes que se producen e se van a producir durante toda a vida si non se cree nesto e non se toman as medidas correctas. Esta información debería ser ampliada profesionalmente por xornais e xornalistas con criterios responsables para que as autoridades unha vez convencidas do problema deixen de andar polas ramas e fagan o que teñan que facer para advertir a xente.
Estamos vivas moitas das persoas que coñecemos esto, podendo contar con nos si precisaran.