Jueves 24.05.2012
| Actualizado 17.30
Hemeroteca web
|
RSS
Nos tempos que corren, falar galego pode estar ben valorado ou totalmente condenado, só depende do vidro polo que se mire. Por desgraza, esta é unha realidade dolorosa, inxusta e cruel, que o único que reflicte é que somos un fato de bestas. Unhas turramos para un lado e outras para o outro, cando o normal, o lóxico, o coherente e o máis intelixente sería turrarmos cara ao mesmo lado na procura dun beneficio común. Non dou entendido por que segue a existir a teima de condenar ou menosprezar as linguas. As linguas non son malas, nin o galego nin o castelán. As linguas son riqueza para quen as fala e nós, galegos e galegas, temos a inmensa sorte e a grande oportunidade de contar con dúas linguas que deberíamos respectar, valorar e empregar sen prexuízos absurdos.
Quixeran noutros lugares ter tanta sorte! E mentres, no noso recuncho verde, tan envexado polo mundo adiante pola nosa inmensa riqueza, carecemos do máis básico e fundamental: valor para asumir o que somos, valor para formar unha comunidade forte e unida que defenda o seu. Xa chega. Non se pode falar de universalidade nin de progreso se non se comeza por valorar o propio. E guste ou non, o galego é noso e está aí, pese a quen lle pese. Non ameaza a ninguén, nin nos impide ir polo mundo, nin nos invalida para falar castelán, nin nos chucha o cerebro, nin nos aparva, nin nos imposibilita aprender outras linguas. Abonda de prexuízos, de crispación e de falsos argumentos.

El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado
Estas son las carreteras que tenemos
Una placa muy desfasada en Ribeira