Inicio
A formación galega Sevigny, formada pola voz e guitarra de Lucía Rolle e a batería de Xulio Vázquez, presenta hoxe ás 21.00 horas na sede da SGAE en Santiago os novos temas que compoñerán un novo álbum que sairá á venda en 2009. Lucía Rolle profundará na súa nova proposta musical en formato acústico, acompañada por Xulio Vázquez á batería, Ric Morente no violín, e polo músico Luis Moro.
Sevigny volverá aos escenarios o 21 de novembro no Teatro García Barbón de Vigo e o 3 de decembro no Ultramarinos de Santiago.
