El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 1917 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

45 R.P.M.

A semana grande ... de concertos

12.07.2008  É o momento da música en España. Nesta semana coinciden os grandes festivais do verán, como son o FIB de Benicássim e o Summercase, co desembarco de dúas lendas: o incombustible Bruce Springsteen e o outsider Tom Waits. Haberá que elixir

1.0/5 [16 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

D.D.

Tom Waits non adoita actuar fóra dos Estados Unidos. Esta semana chega a España FOTO: G.H.
Tom Waits non adoita actuar fóra dos Estados Unidos. Esta semana chega a España
FOTO: G.H.

O mes de xullo constitúe o Nadal musical en España. Se a comezos de decembro unha cadea de grandes almacéns inauguran o período máis consumista do ano e todo queda asulagado de almíbar e incitacións a mercar calquera cousa, xullo é o epicentro dos grandes festivais estatais, convertidos xa en grandes referencias internacionais: O FIB de Benicássim e o Summercase que se celebra simultáneamente en Madrid e Barcelona.

A semana musical do ano complétase co desembarco de dous tótems, de dous mitos como son Bruce Springsteen e, sobre todo, o outsider por excelencia: Tom Waits. Dúas voces que pasan por ser os cronistas deses Estados Unidos menos coñecidos, do envés do american dream, dos derrotados nas empresas ou nos bares de estrada dalgún punto inhóspito da Ruta 66.

Se ben os días de gloria de Springsteen poden ter pasado, calquera disco menor da súa carreira mellora a suposta obra mestra do hype de quenda. Pasa cos grandes, como Dylan, como algún amigo: son presas de ter asinado ducias de obras mestras e calquera cousa que non acade esa estatura queda deslucido. Pero seguen asinando grandes discos, algo que non poden dicir, por exemplo, figuras con máis pasado que presente como REM, por citar un exemplo.

Waits actúa mañá e pasado no Fórum de Barcelona, despois de pasar onte polo Kursaal de Donosti. Pola súa banda, Springsteen toca o martes no estadio de Anoeta de San Sebastián, o xoves no Santiago Bernabéu de Madrid e o sábado e o domingo no Camps Nou barcelonés.

O FIB constitúe unha marca e tamén a referencia sentimental do movemento indie que cristalizou a comezos dos noventa da man do propio festival. Ambos os dous medraron a un tempo e, como o resto de mortais, foron adquirindo vicios e alonxándose da inxenuidade dos primeiros días de vida. Benicássim xa se transformou en territorio guiri, pois a maior parte do público procede do estranxeiro, que ven nel un trasunto de Glastonbury con prezos máis baixos e sol en lugar de barro.

O festival arrinca o xoves e conclúe o domingo, día no que se concentran tres dos nomes máis atrativos desta edición: o magnetismo de Morrisey, a poesía maxestosa de Leonard Cohen e os novos reis das pistas bailes de medio mundo, Justice.

A alternativa urbana ó FIB, o Summercase tirará de nostalxia coa presenza de Sex Pistols, Blondie ou The Verve. Xunto a eles, aparecen Primal Scream cun novo traballo que, se ben non acada a altura do mítico Sreamadelica, ofrece momentos interesantes nos que os de Bob Gillespie se decantan polo pop.Serán os días 18 e 19 en Madrid e Barcelona.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS