El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 2001 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

MÚsica

En pleno ascenso

21.06.2008  O grupo madrileño No Reply, vellos coñecidos das festas galegas, falan do seu disco debut bautizado coma Drunkology

2.4/5 [155 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. OLAZÁBAL . SANTIAGO

Os No Reply al completo, sete músicos e un batería ao servicio da festa pero sempre da mán do Jazz
Os No Reply al completo, sete músicos e un batería ao servicio da festa pero sempre da mán do Jazz

No mundo da música se hai algo que sobra son os tópicos. De cando en vez, aparece un grupo ou artista que arremete contra algunha destas construcións mentais alicerzadas no costume da repetición sen reflexión.

Este e o caso dos No Reply, que a golpe de sons de big band combinados cunha sólida base rítmica, derruban o mito de que o Swing e un xénero vinculado á hermeticidade do Jazz, ou ben algo anacrónico e reservado maioritariamente a aqueles que o gozaron no seu tempo, hai xa un bo par de décadas.

Este grupo madrileño, incubado na escola de música moderna da cidade, e composto por músicos que andan polos vinte e poucos, leva catro anos tocando maoiritariamente en Madrid e en Galicia, e tras seren `descubertos´ pola multinacional Universal, acaba de lanzar o seu primeiro traballo discográfico chamado Drunkology.

Nun pequeno intervalo dunhas houras entre actuacións e exames, Fernando Alonso, trombonista do grupo, púxonos ao tanto das novas do grupo.

Sobre o proceso que terminou co contrato coa multinacional, Alonso explícanos que "todo comezou cando nos presentarnos coma os gañadores do Día de Madrid no Universimad. Nese concerto estaban presentes algúns responsables do selo, cos que por outra banda xa falaramos algo, e tras o directo veu a proposta de lanzar o disco con eles." Aínda que o estilo do disco é principalmente Swing, o mozo madrileño aclara que "se ben predomina o swing, hai cousas doutros estilos, igual que pasa cos nosos directos, o resultado final é unha mestura de jazz, latin, swing, e ska."

Co disco xa nas rúas, o instrumentista asegura que "a aceptación está a ser moi boa", e que a idea de agora é más "a de traballar pouco a pouco, na procura dun público "de directo".

Por outra banda, o grupo acaba de gravar un videoclip do tema Bad Joke que segundo o músico estaría a soar nos 40 TV.

Sobre as primeiras presentacións tras a saída do disco, Fernando dixo que nas actuacións na Fnac da Cañada lograron "encher o auditorio todos os días", e incluso chegaron a ser o segundo disco máis vendido desa semana "por enriba de El canto del loco" segundo nos di, con irónica alegría. A próxima semana, o grupo volve a Galicia para presentar Drunkology na Fnac da Coruña, co visto e prace das meigas, actuando o luns 23 e martes 24 para regresar a terras galegas no mes de xullo para o Festichán, celebrado en Moaña.

O DATO

Entre Madrid e Galicia

Compre mencioar que o grupo madrileño fixo os seus primeiros concertos en salas galegas da mán de A Matraca Perversa, fai xa unos anos, e que tras estes concertos o interés para leverlos aos festivais galegos non tardou en chegar.

Nos últimos anos No Reply toucaron nos máis emblemáticos festivais da zona entre os que destacan a participación no Repercusión, o Troula da Banda, e as Festas da Dorna.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS