El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 832 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

música

Fuxan os Ventos reactiva os seus clásicos no disco 'Terra de Soños'

15.10.2009  O CD-DVD, composto por vinte temas do repertorio do grupo, sae hoxe á venda // O novo traballo recolle un concerto gravado en Compostela o pasado outubro

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. • SANTIAGO

O grupo galego Fuxan os Ventos presentou onte en Santiago a saída ó mercado do seu último disco Terra de Soños, un CD-DVD que recolle os seus temas clásicos máis coñecidos para evidenciar "a boa situación da música feita en Galicia".

Así o explicou onte Tareixa Novo, integrante do grupo, na presentación do disco que rememora os temas máis coñecidos da formación, un total de 20, en compañía dun DVD no que se recolle unha das dúas actuacións que Fuxan vos Ventos ofreceu o mes de outubro do 2008 en Compostela tras dúas décadas sen subir ós escenarios.

Terra de Soños, que saíu á venda onte en tendas de toda España, quioscos galegos e internacionalmente vía Internet, está composto por temas como Alalá da Pena, Canto de seitura, O carro ou A Carolina. Así mesmo, o DVD inclúe oito temas máis, como o popular Sementeira, interpretados en compañía de artistas "na vangarda da música galega" como Guadi Galego, Uxía ou Mercedes Peón.

En conxunto, o director da discográfica Boa Music, Fernando Luaces, asegurou que a obra constitúe un "espectáculo emocionante", mostra do traballo realizado por Fuxan dos Ventos de "recuperación do patrimonio musical galego". Tras 20 anos sen concertos en directo e con participacións puntuais en recitais, unha "época de silencio", Tareixa Novo indicou que o grupo "tiña a sensación de que lle quedaban cousas por facer" e lembrou a vixencia dun grupo que "o que fixeron foi crear folk" e convertelo "en himnos xeracionais".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS