El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 663 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

ESES DIRECTOS INESQUECIBLES

A febre festivaleira sobe a temperatura

07.02.2010  O Festival do Norte, o Primavera Sound e o FIB acaban de anunciar os primeiros nomes que participarán nas respectivas edicións destas citas anuais que marcan as axendas de afeccionados á música

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.EIREOS

Nada Surf soou en Galicia en varias ocasións, volven da man do Fdn2010 FOTO: Axencias
Nada Surf soou en Galicia en varias ocasións, volven da man do Fdn2010
FOTO: Axencias

Xa entrado o ano 2010 comezan a darse a coñecer os nomes que participarán nos festivais habituais da primavera e verán. De feito, tres citas fundamentais do panorama festivaleiro, o Festival do Norte de Vilagarcía (FDN), o Primavera Sound de Barcelona (PS), e o Festival Internacional de Música de Benicassin (FIB), xa hai días que deron a coñecer os primeiros nomes que actuarán nas respectivas citas.

O recinto de Fexdega de Vilagarcía volverá acoller unha nova edición de FDN, o festival indi por excelencia en Galicia. Unha vez máis os prezos asequibles (20 euros polo abono) e un cartel máis que atractivo, a bo seguro que serán un reclamo para os afeccionados. De momento hai xa un bo fato de bandas confirmadas: Nada Surf, We Are Standard, Pete&The Pirates, Los Planetas, Klaus&Kinski, Nudozurdo, Los Punsetes, Carrero Bianco, son os primeiros nomes que foron anuciados pola organización. Este ano celebrarase do 30 de abril ó 1 de maio.

Pola súa banda, o festival urban de Barcelona, o PS2010, un dos clásicos do panorama, aproveita o troco de patrocinador (agora a cervexa oficial será San Miguel), xa activou toda a súa maquinaria para atraer
unha inxente cantidade de bandas de altísimo nivel. Pixies, Pavement, Wilco, poden ser os que máis coñeza o afeccionado, pero no hai que esquecer que a bandas como The New Pornographers, Low, Shellac, The XX, Mission Of Burma, Panda Bear, The Clean, Spoon, ou bandas españolas como Standstill, Delorean, entre outras. Todas elas citaranse nunha décima edición que homenaxeará o mítico álbum de Camarón, La Leyenda del Tiempo, coas interpretacións de Duquende, Chicuelo, entre outros.

A cita catalá atraerá entre os días 27 e o 29 de maio ata o Parc del Fórum a milleiros de persoas que de seguro han de protagonizar un dos intres musicais máis agardados do ano. Iso si, o prezo non é precisamente barato. Desde hai uns días o abono custa 140 euros, sen IVE e sen contar os gastos de distribución.

Outro dos grandes festivais, o FIB filtrou, a contagotas os primeiros nomes que actuarán na vila castellonenca de Benicássin. No entanto, os nomes aínda non sinalan unha cabeza de cartel contundente, dos que están acostumados o Fibers. PIL (Public Image Limited) banda de John Lydon, precursores do after punk, a banda de conmemoran o seu trinta aniversario, The Prodigy, Kasabian, Ian Brown e Dizze Rascal, son os primeiros artistas anunciados en diversos medios especializados.

Los Planetas veñen con novo disco
Los Planetas presentarán en Vilagarcía o seu último disco que acaba de saír do forno. Chámase El Libro del Universo e ten prevista a súa saída en marzo. Aínda non hai día concreto. O álbum ofrecerá unha volta máis a esas pezas musicais que tanto lle cativan ultimamente: o flamenco. “Cuatro Palos”, un epé de adianto editado a principios de 2010 xa daba unha idea de por onde ían. Cumpren cunha cita (FDN) da que caeran a última hora no ano pasado.

A crise cóbrase ausencias
A crise xa se cobrou o ano pasado a vida dalgúns festivais. A falta de patrocinadores votou atrás o proxecto do Summercase, por exemplo. En Galicia, polo momento, ademais do Sinsal,e o ciclo Vangardas Sonoras que se están a celebrar nestes mese, están anunciados os festivais de Ortigueira, que será do 8 ó 11 de xullo, o Arteficial de Ribadavia, que coincide en datas co FDN, e o Endland Experience Fest de A Coruña, o 20 de marzo. A ver se caen máis!

A espera de novas do Sónar Coruña
O Sónar 2010 (Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia) será outra das grandes citas musicais do verán. Enmarcado nos actos do Xacobeo, contará cunha edición simultánea na Coruña e Barcelona. Será entre o 17 e o 19 de xuño no recinto de ExpoCoruña. Ata agora aínda non hai entradas á venda e tampocuo trascenderon máis nomes que acompañen os xa anunciados LCD Soundsystem e Air.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS