El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 629 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

música

O engado cósmico de Berrogüetto

17.03.2010  O grupo publica o 7 de abril o seu quinto traballo discográfico, 'Kosmogonías', un relato optimista sobre as relacións entre a humanidade e o universo // Tradición e experimentación danse a man nunha gravación de estudo que incorpora, por primeira vez, a voz do cantante Xabier Díaz

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FRAN P. LORENZO • SANTIAGO

Isaac Palacín, esda., Guillerme Fernández, Quim Farinha, Xabier Díaz, Anxo Pintos, Quico Comesaña e Santi Cribeiro son Berrogüetto
Isaac Palacín, esda., Guillerme Fernández, Quim Farinha, Xabier Díaz, Anxo Pintos, Quico Comesaña e Santi Cribeiro son Berrogüetto

As súas rentrées marcan un risco de cor no calendario musical galego. Desta volta o 7 abril é a data escollida polo grupo Berrogüetto para a presentación do seu novo disco, Kosmogonías, o quinto traballo dunha formación que semella permanecer nun estado perpetuo de fervenza creativa. A posta en común dos seus integrantes, a innovación e a experimentación volven estar presentes nun disco que incorpora a voz de Xabier Díaz no canto da de Guadi Galego.

Composto por once temas, Kosmogonías é, segundo os integrantes do grupo, "unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto". A inspiración provén, sinalan, daquelas "vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu contorno".

Ese canto ao esforzo cooperativo estaba xa presente desde o seu traballo inicial -Navicularia (1996)-, unha estrea á que seguiron outros tres volumes: Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001) -polo que foron nomeados en 2002 aos Premios Grammy latino na categoría de Mellor álbum folk- e 10.0 (2006).

Cun pé na tradición musical da que son debedores e un tratamento desprexuiciado das sonoridades, dos timbres e da diversidade rítmica, Berrogüetto logrou erguer, ao longo destes anos, un selo singular que identifica todos e cada un dos seus discos, abeirados á conceptualidade e atravesados pola vontade de facturar un produto cultural, froito dunha rigorosa e consecuente percepción do feito creativo nun contexto como o galego.

En Kosmogonías, Berrogüetto recunca nas colaboracións literarias. Manuel Rivas é o autor da letra da canción Alalá da noite, tirada do seu poema Alalá, incluído no volume A desaparición da neve (Alfaguara, 2009), e Rosa Aneiros asina o texto que acompaña o libreto do disco. "Berrogüetto -di Aneiros-, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, u­nha voz que xorde de tan dentro que mesmo deo porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible". A partir da publicación de Kosmogonías en abril, Berrogüetto iniciará unha xeira de concertos que partirá, o venres 9 de abril, do Pazo da Cultura de Pontevedra, unha das prazas fortes do grupo. O xoves 15 de abril será o Teatro García Barbón de Vigo o que acolla os novos temas de grupo, tres días antes da actuación, o 18 de abril, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

AS CLAVES

Actuacións en Galicia e no estranxeiro

·· A xeira de presentación de Kosmogonías levará a Berrogüetto -un dos grupos galegos con maior proxección internacional- a Madrid, Barcelona, Bilbao, México, Arxentina ou Alemaña. Na páxina web do grupo www.berroguetto.com fican as datas, a axendas e as novidades dos concertos programados a partir de abril. Sete músicos unidos pola mesma idea

·· Os integrantes de Berrogüetto son Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado); Guillerme Fernández (guitarras); Quico Comesaña (bouzouki, mandolina, harpa); Santiago Cribeiro (acordeón, teclados); Isaac Palacín (percusión); Quim Farinha (violín, nickelharpa); e Xabier Díaz (voz, gaita e percusión) .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS