El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 1518 de 2001] noticia anterior de Música Inicio

"Non teño afán de ser unha estrela"

Roi Casal debuta en solitario cun disco que fusiona o folk máis tradicional co rock e co pop

13.11.2008  O arpista de Milladoiro considera que sería traizoarse se non emprendese este proxecto

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANXA CORREA/AGN . SANTIAGO

Roi Casal á dereita, xunto a Manu Conde, tamén compoñente de Milladoiro
Roi Casal á dereita, xunto a Manu Conde, tamén compoñente de Milladoiro

"Traizoaríame a min mesmo se non emprendese un camiño en solitario". Así xustifica o músico Roi Casal, membro de Milladoiro dende hai case dez anos e fillo do gaiteiro do grupo, Nando Casal, a gravación do seu primeiro disco en solitario, titulado Lendas douradas, da man do selo Pai Música.

Este traballo baséase na música tradicional galega, como correspondía á súa procedencia familiar, pero cunha "reinterpretación contemporánea" para demostrar que non está anquilosada nin anticuada. "Hai algúns arranxos arriscados, porque aos 28 anos non podo ser conservador", asegura o músico, quen acusa a influencia do rock e do pop á hora de compoñer, así como a doutros músicos e estilos. E é que, malia o "risco" que poida supoñer publicar nestes tempos, Casal afirma que é algo tan natural para un músico "como para un mestre dar clase".

Roi Casal non ten "afán de ser estrela" á marxe de Milladoiro. "Levo no grupo dende os 19 anos e teño unha perspectiva del máis global que os membros fundadores, porque o vivín dende o ventre da miña nai, aos camerinos e logo aos escenarios, pero Milladoiro non é o meu proxecto", sostén o músico, que cre que emprender un camiño en solitario non é incompatible.

O responsable de Pai Música, o ex baixista de Siniestro Total Segundo Grandío, destacou que o selo "quere facer de Roi un artista de longo percorrido", xa que se trata dun "artista ambicioso e maduro" que tanto toca a arpa, como o bouzuki, a zanfona, o oboe ou o piano.

A ANÉCDOTA

Inspirado por Curros Enríquez

Namentres buscaba os poemas de Rosalía de Castro e Manuel María que logo musicaría, Roi Casal atopouse cun texto de Curros que dicía "O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son lendas douradas" e foi entón cando naceu o título do álbum.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS