El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 10 de 410] noticia anterior de Artes escénicas Inicio

Funcións completas en Madrid para 'A ópera dos tres reás'

01.08.2011  Uns 4.500 espectadores enchen os nove pases da montaxe do CDG nun escenario da capital

5.0/5 [2 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ÁLVARO MERA SANTIAGO

Muriel Sánchez, Quico Cadaval e Luís Tosar, na presentación da obra en Madrid FOTO: Efe
Muriel Sánchez, Quico Cadaval e Luís Tosar, na presentación da obra en Madrid
FOTO: Efe

O Centro Dramático Galego (CDG) concluíu onte á noite as dúas semanas de exhibición d'A ópera dos tres reás no Teatro Fernán Gómez de Madrid, onde esta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill obtivo un gran éxito de público, co aforo completo en todas as representacións. Arredor de 4.500 espectadores asistiron no céntrico escenario madrileño ás nove funcións deste espectáculo musical, que a compañía pública de teatro produciu co patrocinio de Novacaixagalicia e Fundación Cidade da Cultura, no marco da celebración do Ano da Música.

A expectación xerada pola presentación na carteleira madrileña da proposta escénica do director Quico Cadaval, que conta con Diego García Rodríguez na dirección musical e cun amplo elenco artístico encabezado polo actor Luis Tosar, levou ao Teatro Fernán Gómez a ampliar o aforo inicial para intentar satisfacer a gran demanda por parte dun público que esgotou todas as entradas á venda.

Segundo explica o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, este interese reflectiuse, así mesmo, no gran número de medios de comunicación especializados e xerais que dedicaron unha cobertura especial a este espectáculo, de "factura integramente galega". Para esta xira estatal, traducíronse ao castelán os textos falados, mentres que as cancións se manteñen en galego con sobretítulos.

Esta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill sitúase entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento polo CDG, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións. Xunto con Luis Tosar César Goldi, Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marcos Orsi, Marta Pazos, Fran Pérez Narf, Muriel Sánchez, Begoña Santalices e Sergio Zearreta integran o elenco actoral.

Ao seu carón, unha banda de oito músicos executa en directo a partitura deste clásico do século XX.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS