Inicio
![]() |
| Laureano Quesada, pintor |
Tivo unha vida errante Laureano Quesada, de sangue galego e andaluz, na procura da maxia. Estudou Dereito, enrolouse na Mercante e acabou converténdose en pintor tras catro anos como mariñeiro. A sociedade ferrolá amosaba onte o seu pesar pola desaparición do coñecido pintor do realismo máxico, falecido o mércores pasado na Coruña.
Medios de comunicación e entidades sociais coas que colaborou, como a asociación veciñal de Caranza, lembraban "este gran home, humilde e sempre disposto a fomentar a participación no mundo da arte". Veciño deste barrio, Laureano sempre colaborou nos actos da entidade "e nunca se opuxo a compartir sala con pintores afeccionados, amosando a súa calidade humana". Deixa atrás unha longa obra inspirada pola súa formación no parisiense barrio de Montparnasse. As súas rosadas obras de néboas e océanos aparecen colgadas en coleccións particulares e institucións de Italia, Inglaterra, Bélxica e Estados Unidos.
