Inicio
A programación da Fundación Caixa Galicia para o Teatro Colón coruñés durante o vindeiro mes de abril estará protagonizada por dúas producións escénicas galegas, nunha oferta que inclúe ademais música, danza, humor e unha sección dedicada ao público infantil.
O día 8 de abril a compañía Lagarta, Lagarta subirá ao escenario do Teatro Colón Caixa Galicia O segredo dos Hoffman, unha adaptación de Roberto Salgueiro baseada na novela de Alejandro Palomas.
Teatro do Morcego, pola súa parte, chegará ao Teatro Colón o 22 de abril coa obra KVETCH, unha comedia americana sobre a ansiedade. Segundo a información facilitada pola compañía, trátase "dunha obra dedicada a todos os que teñen medo, un espectáculo xubiloso, devastador e feroz".
Noutra sección, o día 9 de abril Marlango ofrecerá un concerto no que interpretarán, por primeira vez en Galicia, as cancións do seu novo disco, Life in the treehouse, no que colaboraron artistas como Jorge Drexler, Rufus Wainwright, Ben e Leo Sidran ou Suso Saiz.
Outra estrela, cunha carreira moito máis extensa, volverá ao Colón. Raphael, despois do antolóxico recital ofrecido a pasada temporada neste mesmo espazo, A programación musical complétase co concerto da Orquesta Gaos (20 de abril) e o espectáculo de Pasadena Roof Orchestra (30 de abril), no que recuperarán algúns dos grandes éxitos do repertorio orquestral clásico, como Just a gigolo, Begin of begin ou Singing in the rain, entre moitos outros. Por outra parte, o día 16 de abril o Colón Caixa Galicia acollerá a posta en escena Magic of the dance, un espectáculo baseado na danza tradicional irlandesa que alcanzou un enorme éxito de público en todo o mundo.
Como vén sendo habitual, o público infantil tamén terá unha programación específica dedicada para eles. O 11 de abril representarase o clásico HanselGretel e máis adiante, o día 25, chegarán á Coruña Fofito e Mónica Aragón.
