El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 16 de 498] noticia anterior de Arte Inicio

Santiago acolle unha importante mostra de Philip West

30.07.2011  A Casa da Parra expón os lenzos do creador surrealista, unha vintena de pinturas e debuxos que o autor lle cedeu á Fundación Eugenio Granell

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANDRÉ URIZA SANTIAGO

APERTURA Juan Carlos F. Fasero, esquerda, Francisco López, Natalia Granell e Pilar Corredoira, onte na Casa da Parra de Santiago FOTO: Ramón Escuredo
APERTURA Juan Carlos F. Fasero, esquerda, Francisco López, Natalia Granell e Pilar Corredoira, onte na Casa da Parra de Santiago
FOTO: Ramón Escuredo

A pintura surrealista instalouse onte na Casa da Parra de Santiago, encarnada no nome do pintor británico Philip West. Metamorfose da imaxe poética é o título dunha mostraque ofrece un percorrido pola última etapa artística e vital do artista. Organizada pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Fundación Granell, reúne un total de 22 pinturas e debuxos procedentes da importante colección que o propio artista, amigo de Eugenio Granell, legou á devandita Fundación.

O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, participou na presentación da mostra que, segundo subliñou, pon a disposición dos composteláns e dos numerosos visitantes que se achegarán estes dous meses á cidade unha "excelente oportunidade de entrar en contacto ou de afondar na suxerente obra de Philip West" (York, 1949-Zaragoza, 1997), que nos seus últimos anos experimentou unha serie de transformacións que poden ser entendidas a modo de resumo das súas experiencias plásticas anteriores.

Fasero estivo acompañado na inauguración polo director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, e pola directora da Fundación Granell. López destacou que a obra de Philip West se centra "no trípode surrealista de liberdade, amor e poesía" e salientou que cada cadro deste autor "é en si mesmo una metáfora poética". O director xeral do Libro tamén quixo facer referencia á faceta de West como "editor de fermosas edicións de poetas" e ao seu papel como escritor en prestixiosas revistas internacionais.

A mostra, comisariada por Pilar Corredoira, exhibe 16 pinturas e seis debuxos que Philip West realiza en Zaragoza entre 1983 e 1996, sintetizando así o proceso de traballo que o artista desenvolve na última fase da súa vida. Nese período, a súa obra caracterízase pola simplificación das imaxes, os espazos labirínticos, a fragmentación de superficies e as viñetas xustapostas, explicando dun xeito poético a contraposición de ideas. A cor plana, unha iconografía máis simple e a destacada presenza do debuxo engrandecen a idea de West en torno á utilización da alegoría histórica.

De acceso gratuíto, o horario de apertura da mostra é de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas e os domingos de 11.00 a 14.00 h. Os luns e festivos a mostra permanecerá pechada.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS