El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
[Noticia 17 de 498] noticia anterior de Arte Inicio

A escultura de Asorey retorna a Cambados no seu 50 cabodano

02.08.2011  A mostra inaugurouse onte no Pazo do Torrado cambadés// "As obras deste artista forman parte da iconografía do noso país", asegurou Roberto Varela

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

OLALLA TUÑAS SANTIAGO

Luis Aragunde, esquerda, José Manuel Asorey, Roberto Varela e Rafael Louzán, onte na inauguración.  FOTO: C.C.
Luis Aragunde, esquerda, José Manuel Asorey, Roberto Varela e Rafael Louzán, onte na inauguración.
FOTO: C.C.

A exposición Francisco A­sorey, composta por 13 obras escultóricas do autor cambadés, inaugurouse onte no Pazo do Torrado, na vila natal do escultor. A mostra reuniuse con motivo do 50 aniversario do pasamento do artista, considerado o renovador da arte escultórica galega e española do século XX.

Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o presidente do Padroado da Fundación Torrente Ballester e o fillo do artista, José Manuel Asorey.

O conselleiro de Cultura destacou o artista galego como "un dos meirandes escultores do século pasado e digno herdeiro do seu admirado Mestre Mateo". Da exposición resaltou varias obras de Asorey como O tesouro, Picariña ou Naiciña e asegurou que "forman parte da iconografía do país por dereito propio, a carón de Cousas de Castelao ou dos lenzos de Laxeiro". Pola súa parte, o director da Fundación Torrente Ballester, Miguel Fernández Cid, subliñou A nai de Dor, feita en 1931 en madeira policromada e O Tesouro como as dúas obras "máis complicadas de conseguir" porque se atopaban en Bilbao e Madrid, respectivamente, e precisaron de traballos de restauración para traelas en "condicións dignas" á exposición cambadesa.Ademais, o responsable da Consellería de Cultura destacou a mostra coma "unha homenaxe que reivindica o papel de Asorey como home comprometido co país". A este respecto, Varela subliñou o traballo da Xunta a prol da "difusión da súa figura e obra".


Escultor do pobo. O grande logro de Asorey é "recoller a grandeza da obra do Mestre Mateo para plasmar a vida dos máis humildes", en palabras do titular de Cultura da Xunta. O escultor exerceu unha grande influencia tanto na renovación da arte coma na súa democratización coa representación da xente do común coa grandeza antes atribuída ós nobles. Varela destaca que Asorey utilizou "formas sublimes" antes reservadas para "reis e santos" "para dar vida a labregos, homes comúns e sobre todo, nais e fillas".

Os asistentes puideron admirar pezas esculpidas polo autor en diferentes materiais ao longo da súa vida, granito, madeira ou bronce. Entre elas atópanse Cabaleiros Negros, creada en 1916 en escaiola, Filliña, datada en 1948 e esculpida en madeira ou un busto feito en bronce no ano 1913.

tendencias@elcorreogallego.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS