Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Sábado 11.02.2012  | Actualizado 09.49      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
Portada

Lucerna da Portela

Os versos salgados do Batallón

15.12.2009 

3.5/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL LOBATO

Apego, identidade e amizade, sólidas características que forman o alicerce dunha ara poética que irradia doses de grandiosidade e luminosidade no ámbito literario galego. Modesto Fraga e Miro Villar ilustran os últimos 120 anos da Costa da Morte por medio dos seus poetas e os versos que xorden con intenso lirismo desta agreste e fermosa zona, elevada ao máximo expoñente por trobadores nativos.

O libro editado por Sotelo Blanco é un percorrido histórico de máis dun século, un extenso mural, onde comparten contorno 26 cantores da palabra versificada, un elenco entre os que se encontran Eduardo Pondal, López Abente, Antón Zapata, Rafa Villar, Alexandre Nerium ou María Lado. Unha fusión entre pasado, presente e os favorables presaxios do futuro.

O lector é atrapado, mesmo mergullado nunha aperta entrañable e sincera, estrañamente natural, onde o antes e o despois semella trivial, encontrando ese nexo necesario de unión para darlle vida propia a unha magnífica antoloxía poética, que deixou e segue deixando un arrecendo espontáneo e auténtico, de efluvios con sinal de identidade propia.

Os coordinadores do libro De Pondal ao Batallón Literario son nativos da zona e tamén poetas. Estamos ante un traballo con gran capacidade de síntese, pois logran en 296 páxinas unha auténtica enciclopedia. Inmensidade poética e cartográfica unida, pois en Gloogle Earth os lectores poderán voar coa poesía por cada un dos lugares escolmados, visita unha paisaxe única e caprichosa. Loable e digna publicación, para reflexionar sobre a realidade de Galicia e da súa lingua, nobre e forte arrecendo, que contrasta co desprezo e a intolerancia daqueles que na actualidade seguen a desprestixiar o idioma do pobo. No entanto, o libro recolle esa loita pacífica, tolerante e apoiada na fermosura da palabra escrita con elegancia, versos que profundan e transmiten fielmente os sons emitidos polo chifre do vento, ou pola cuncha ancorada nas salvaxes praias salgadas, mais o xordo e constante queixume das laxes harmonizada pola vexetación da zona.

Sen dúbida, namentres existan propostas e iniciativas semellantes ao Batallón Literario da Costa da Morte, a lingua non está en perigo, por moito que deixen no empeño os asalariados da profesión menos valorada e vergoñenta da actualidade.

Mar de rostro, mar serio, mar revolto cabelo,/ mar cos brazos abertos para o coñecemento,/ onde a penas existen feridas que se esquecen/ na música da agulla do compás que é o tempo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS