Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 15.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
Portada

no camiño

Peregrinos cibernéticos a Santiago

29.07.2009  Lanzan un videoxogo que recrea a Compostela do século XII

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Miguel Taín (esquerda) con Julio Casal e Fernando Vázquez FOTO: Antonio Hernández
Miguel Taín (esquerda) con Julio Casal e Fernando Vázquez
FOTO: Antonio Hernández

A partir do próximo ano poderá haber peregrinos cibernéticos, xa que un videoxogo recreará nun "universo virtual" o Camiño e a cidade de Santiago de Compostela do século XII. O lanzamento da primeira fase do proxecto, que contará cun orzamento de 3,5 millóns de euros, coincidirá coa celebración do Xacobeo e estará operativo en xullo do 2010. Un consorcio de empresas formado pola galega Ficción Producións, Imatia, One Click e Planet media é o encargado deste proxecto virtual, denominado O Camiño, que contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

Este metauniverso -universo virtual en 3 dimensións- reconstruirá a cidade de Compostela e a Ruta Xacobea no ano 1117, data das revoltas dos contra o bispo Xelmírez e a reina Urraca, unha época "clave" na historia de Galicia.

Segundo anunciaron os representantes do consorcio de empresas, esta iniciativa constituirá o comezo dun "proxecto máis amplo": unha "plataforma tecnolóxica de desenvolvemento de futuros metauniversos".

A "nova" iniciativa mostrará tridimensionalmente aos usuarios a recreación dos elementos arquitectónicos e sociolóxicos máis representativos da época, entre os que destacan a Catedral de Santiago, aínda en construción, o palacio de Gelmírez na Praza da Quintana e caseríos e tendas do século XII, para o que, por outra banda, foi necesario un "exercicio de imaxinación".

A plataforma vitual tamén contou co asesoramento do profesor Miguel Taín, do departamento de Xeografía e Historia da USC, para dotar o proxecto de "rigor cultural e histórico", tal e como manifestaron os seus responsables.

Desta forma, os participantes deste "metauniverso" poderán meterse na pel de diferentes personaxes ou "avatares" -representación gráfica coa que os usuarios xogan e se identifican-, como soldados ou cidadáns deseñados "fielmente" a través dunha tarefa de documentación na que se consultou desde coleccións medievais privadas, ata códices, "cantigas" ou relevos da época.

O asesoramento das universidades facilitou o deseño dos contidos didácticos, como a "reprodución de diálogos, un glosario de termos técnicos ou fichas cos datos máis significativos" dos distintos monumentos presentes na plataforma. O videoxogo terá un aspecto educativo, xa que, segundo Taín Guzmán, introducirá os mozos "no mundo da Historia de forma amena e actual" coa finalidade de que "coñezan e valoren os momentos históricos narrados en primeira persoa".

Na presentación de O Camiño, os representantes do consorcio creador sinalaron que se trata dun "proxecto moi ambicioso" e que xestionará unha "gran cantidade de contidos", para o foi necesario o "traballo multidisciplinar" de máis de 80 persoas que, como informaron, "posiblemente se multiplique".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS