Jueves 24.05.2012
| Actualizado 15.00
Hemeroteca web
|
RSS
En Galicia hai moitos valores emerxentes que destacan polo seu talento xa a moi pouca idade. O Vivir aquí de hoxe na Galega achegarase a algúns destes rapaces e rapazas que dan constancia deste feito por ser sabios e ter unha mente privilexiada. Son adolescentes que xa apuntan maneiras e moitos deles xuntan premios e galardóns na súa aínda curta carreira.
Como mostra destas mentes privilexiadas galegas, que destacan desde moi cedo polas súas aprendizaxes abraiantes, o programa Vivir aquí achegarase a varias testemuñas, como o caso de dúas mozas de Ferrol que gañaron a medalla de ouro nas olimpíadas nacionais, as primeiras en conseguilo na especialidade de electromecánica; unha rapaza de Vigo que gañou a medalla de ouro en perruquería e outra que estuda na Coruña que a conseguiu en tecnoloxía da moda; rapaces de Vigo premiados na olimpíada galega en Matemáticas e outras distincións como investigadores novos, e unha rapaza concertista de piano premiada por Galicia Innovación , subvencionada polo Instituto de Estudos Pianísticos.
Nun novo capítulo da serie Libro de familia, creada por José María Besteiro, os espíritos, tamén os da política, asaltan Santalla aínda que de xeito ben distinto. Dun lado, don Venancio non pode permitir as sesións de espiritismo que irrompen na vila, aínda que sexa un recurso para Cosme, que ten unha débeda pendente co párroco por uns documentos e que non ve outra saída que recorrer ao máis alá.
Galicia para o mundo convida esta semana os espectadores a facer turismo de proximidade. Este é ano Xacobeo e Carmen Chao proporalles catro escapadas a catro lugares diferentes de cada unha das catro provincias en que está dividido o país, dirección a unha ría, a unha aldea de montaña, a unha serra e a un val. O Barqueiro, Os Ancares, A Enciña da Lastra en Rubiá e o Val de Arbo, onde a lamprea está na súa salsa, son lugares para poder encontrar a máis expresiva combinación de todos os factores naturais galegos.
