Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 09.04      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

17 de maio

Os inéditos de Novoneyra

16.03.2010  O Centro Ramón Piñeiro presenta nun volume, coordinado por Luis Cochón, cincuenta textos do poeta do Courel que non foran publicados  Caligrafías, mecanoscritos e achegas de autopoética completan o novo caderno

1.0/5 [3 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN. SANTIAGO

Anxo Lorenzo, esquerda, e Jesús Vázquez, onte na presentación FOTO: Ana Varela
Anxo Lorenzo, esquerda, e Jesús Vázquez, onte na presentación
FOTO: Ana Varela

Con medio cento de textos inéditos do "poeta do Courel", o Centro Ramón Piñeiro acaba de editar unha miscelánea de textos de e sobre Uxío Novoneyra, que compoñen a compilación-homenaxe Celebración de Uxión Novoneyra (1930-1999), presentada onte en Santiago de Compostela coa presenza do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

O grande "decidor do verso" -como o definiron onte tanto o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, como o coordinador dos textos de Novoneyra editados no volume, Luis Cochón- está presente no volume a través de textos propios que recollen a súa faceta de pregoeiro, a súa poética e numerosos documentos biográficos.

Entre eles figura un especialmente "singular e simpático", a dicir de Luis Alonso Girgado, coordinador da colección Cadernos de Ramón Piñeiro: o exame de ingreso de Novoneyra no Instituto Lucus Augusti, que superou cun 'apto'. O volume inclúe tamén una completa selección dos traballos publicados polo escritor en prensa e en revistas -tanto nacionais como de países como Cuba, por exemplo-, aínda que o que realmente destaca son os "50 inéditos dos que o libro pode presumir", froito da "xenerosa colaboración da familia do poeta". Caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética completan o heteroxéneo libro, que segundo destacou o secretario xeral de Política Lingüística será "en adiante consulta obrigada en futuros traballos sobre o poeta".

Luis Alonso Girgado e Jesús Vázquez coincidiron en sinalar que, con este libro, o centro de investigación Ramón Piñeiro "chega a tempo" na súa contribución ao Día das Letras Galegas, a través do que o conselleiro de Educación definiu como "unha grande obra de celebración". Pola súa banda, Anxo Lorenzo referiuse a Novoneyra como unha figura que "tivo na poesía e na lingua casa e acubillo, vínculo co pasado, co pobo e coa tradición".

No acto de presentación deste novo volume da colección participou tamén o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, quen cualificou a obra de "fito importante para os que traballamos en prol do patrimonio creativo de Galicia". Na súa opinión, Novoneyra destaca non só como "poeta da terra" senón que foi quen de "converter as nosas paisaxes e as nosas emocións en letra con experiencia de vida, en mensaxes cargadas de enerxía, capaces de trascender o tempo e as fronteiras".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS