Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia| noticias@galiciaambiental.org

Cursos fluviais de Galicia: o Mera

29.07.2011  O río Mera nace no Monte Caxado, no concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), a uns 750 metros de altitude, da confluencia dos regatos Seixo, Santomé, Caseta e Merlán

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Despois de case 30 quilómetros de percorrido polos concellos coruñeses de As Pontes, As Somozas, Cerdido e Ortigueira, desemboca no Océano Atlántico formando a ría de Santa Marta de Ortigueira.

Este curso fluvial, que discorre fortemente encaixado en gran parte do seu percorrido,  atravesa paraxes de gran beleza na súa conca alta e media, con numerosas, intrincadas e inaccesibles fragas que conforman auténticos ecosistemas. Tanto o río como a súa desembocadura están declarados Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Ademais, a Ría de Ortigueira conta con outras figuras de protección como a de Zona Húmida Protexida, Zona de Especial Protección para as Aves e Zona Ramsar.

O Mera recibe augas de numerosos regatos, entre os cales o Pulgueira é o seu principal afluente. As especies que viven nas súas augas son a troita, o reo, a lamprea e a anguía. Nos últimos anos estase a detectar unha importante recuperación da súa riqueza solmoneira, que xa estaba dada por desaparecida. Trátase dun río moi interesante en canto ás posibilidades de pesca e conta cun único couto, o de Noval (concellos de Cerdido e Ortigueira), onde o reo é o rei indiscutible.

A existencia dunha central eléctrica en desuso na súa conca é un dos principais problemas deste curso fluvial, xa que impide a supervivencia de especies migratorias nas súas augas. Ademais, a proliferación de flora alóctona nas súas marxes pon en risco o seu ecosistema.

Ver: as Serras da Capelada e a Faladoira, ambas as dúas nas inmediacións deste curso fluvial, son dous dos espazos naturais que recomendamos visitar. Preto da primeira delas está o santuario de San Andrés de Teixido, ó que vai de morto quen non vai de vivo, que é outro dos atractivos desta zona desde o que se poden obter fermosas vistas dos acantilados deste tramo de costa e observar a fauna salvaxe, entre a que destacan os impoñentes cabalos. A propia Ría de Ortigueira é outra das nosas recomendacións, trátase dun espazo natural protexido no que se refuxian numerosas especies animais, principalmente, aves mariñas. As áreas recretivas a carón do Mera, como a de A Queiroga (As Somozas), a vila de Ortigueira (onde se celebra o famoso Festival Celta) ou as súas praias son outros dos lugares que merece a pena visitar.

Chegar: a estrada AC-101 é a mellor opción para chegar ata o nacemento deste río coruñés e á parte da súa conca media. Através da AC-862 accederemos ata a vila de Ortigueira e a desembocadura do Mera.

Comer: os peixes de río, como o reo, ou os produtos do mar, entre os que destacan as ameixas e os berberechos da ría, son os principais reclamos da gastronomía desta zona, xunto cos produtos da horta como o grelo de Cerdido, cuxa festa se celebra no mes de marzo, ou os pementos. No capítulo dos doces, o mel (cunha feira propia en Ortigueira) ou os postres típicos do Entroido, como as orellas ou os pestiños, son algúns dos seus máximos expoñentes.

Aloxamento: son bastante abundantes as casas de turismo rural e os hoteis e pensións das principais vilas da conca do río Mera, especialmente Ortigueira e Cerdido, que se converten nunha boa opción para facer noite na zona.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS