Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 13 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia| noticias@galiciaambiental.org

Cursos fluviais de Galicia: o Masma

29.04.2011  O Masma é un río integramente galego que discorre pola Mariña lucense atravesando os concellos de Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Nace na Serra do Xistral, a 900 metros de altitude, e desemboca ó mar Cantábrico na ría de Foz. No seu nacemento, este curso fluvial é coñecido co nome de Pedrido e é a partir da súa unión co Valiñadares cando pasa a chamarse Masma. Ademais do Valiñadares, algúns dos seus principais afluentes son o Figueiras, o Couboeira, o Oirán ou o Batán.

Parte do curso baixo do río e a súa desembocadura forman parte da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZPVN) Ría de Foz e conta, ademais, con outras figuras de protección como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). O esteiro formado polo Masma e os meandros de parte do seu curso baixo albergan interesantes poboacións de aves acuáticas, principalmente limícolas.

As especies con presenza nas súas augas son a troita, o salmón, o reo, a lamprea, a anguía e a solla. Nos últimos anos, a poboación de anguía descendeu de forma notable como consecuencia das verteduras, da sobrepesca e da proliferación de cormoráns, debido ó valor de protección da zona, que poñen en perigo a sostibilidade do río. O Masma conta con tres importantes coutos de Salmón; o lote 1 de Celeiro, o lote 2 e o lote 3 (sendo o único río galego que está estruturado por lotes), e con dous de troita; o de Mondoñedo e o de Lourenzá. Ademais, o lote 3 converteuse nos últimos anos nun dos destinos favoritos para a pesca de reo a mosca.

No capítulo de riscos ambientais cabe destacar as verteduras de tipo residual de vivendas e pequenos núcleos de pobación con escaso saneamento, como o caso do concello de Foz que verte directamente as súas augas residuais ó río á altura do porto deportivo. Ademais, con motivo da construción de novas infraestruturas na zona, o pasado ano produciuse unha vertedura de refugallos ás augas do Masma que as volveron turbias e enlodadas, coas consecuencias que delo derivan para a biodiversidade. Outro problema, sobre todo no curso baixo e nas súas marxes, son as actividades humanas de construción e obras civís (que derivan na alteración de correntes mariñas que afectan gravemente á “foz” do Masma, e ás praias cercanas, provocando a desaparición dalgunha delas) ou a colonización das súas ribeiras polas plantacións masivas de eucalipto até convertirse no único aproveitamento forestal en miles de hectáreas.

Ver: no curso alto do río son paradas obrigatorias a Serra do Xistral, reserva natural protexida dun gran valor paisaxístico e ecolóxico, e a vila de Mondoñedo, onde destacan a súa catedral ou o seminario. Ademais, neste mesmo concello hai espazos naturais moi interesantes como a área recreativa da Fervenza, con fermosos saltos de auga e piscinas fluviais, ou a Cova do Rei Cintolo. Xa na súa desembocadura, a ría de Foz (incluida na rede galega de espazos protexidos) é outra das nosas recomendacións, xunto coa visita a esta vila e a algúns dos seu lugares máis emblemáticos, como a Basílica de San Martiño, o castro de Fazouro ou os restos da fortaleza da Frouxeira, e ás fermosas praias deste tramo da costa lucense, tanto no concello de Foz como no de Barreiros.

Chegar: a estrada N-634, dende Santiago de Compostela, é a mellor opción para chegar ata os concellos que rega o Masma e a súa desembocadura.

Comer: os peixes de río e de mar, os mariscos, a carne de porco e os seus derivados son algúns dos produtos máis representativos dos concellos das ribeiras do Masma. Os produtos da horta, como as fabas de Lourenzá ou os grelos do concello de Abadín, e postres tan famosos como a tarta de Mondoñedo completan a oferta gastronómica da zona.

Aloxamento: as numerosas casas de turismo rural que existen nos concellos polos que transcorre este río, especialmente os da súa desembocadura, son a mellor opción para facer noite na zona.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS