Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 11 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia| noticias@galiciaambiental.org

Cursos fluviais de Galicia: o Anllóns

13.05.2011  Orío Anllóns discorre íntegramente pola provincia da Coruña, regando a comarca de Bergantiños, pola que discorre practicamente en paralelo á costa

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Nace no Monte Pedrouzo, entre os concellos de A Laracha e Cerceda, e desemboca ó Océano Atlántico a través da ría de Corme e Laxe, despois de percorrer os concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana e Ponteceso. O seu nome provén da palabra “anguloso”, debido á sinuosidade do seu percorrido, principalmente no seu curso alto. Nos últimos quilómetros do seu curso, antes de desembocar no mar, o río forma un fermoso estuario e unha zona de rápidos que aceleran as súas augas. O Grande, o Acheiro, o Rosende ou o Anós son algúns doas seus afluentes, todos eles pola súa marxe esquerda ó discorrer río enparalelo ó litoral.

O seu curso medio e baixo está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e o seu estuario inclúese no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte, ambos os dous pola súa significativa importancia natural e ecolóxica pola gran pluralidade de hábitats e especies (tanto vexetais como animais) que os conforman.

O Anllóns conta cunha importante variedade piscícola entre a que destacan especies como o reo, a troita, a troita arcoíris, a anguía, a boga a solla e, de forma esporádica, a lamprea. Os coutos deste curso fluvial, todos eles de troita, son os de Carballo, Verdes e Laracha, este último creado máis recentemente. Os principais riscos ambientais son as verteduras de augas residuais ó seu curso, provocando graves consecuencias para a súa biodiversidade e, en especial, para a supervivencia da fauna piscícola.

Ver: as áreas recreativas creadas a carón do río Anllóns ó longo de todo o seu percorrido son unha das nosas principais recomendacións; a de Verdes, no concello de Coristanco, é a máis salientable pola súa beleza paisaxística, pero tamén cabe destacar outras como a de Gabenlle, en A Laracha, onde tamén vale a pena visitar o seu paseo fluvial. Ademais, esta zona ten unha grande importancia en canto a pratimonio arqueolóxico e cultural con recoñecidos xacementos megalíticos e castrexos como o Dolmen de Pedra Moura, en Carballo, ou o Dolmen de Dombate e a Cidá ou Castro de Borneiro, no concello de Cabana. A costa e as praias do concello de Carballo ou Malpica, e os cercanos acantilados de Corme, onde destaca a Punta do Roncudo, son outros dos lugares de maior relevancia da comarca.

Chegar: as estradas provinciais AC-413, ata Carballo, e a AC-552, ata A Laracha, son as mellores opcións para achegarnos ata a conca do Anllóns e dende estes puntos dirixirnos a diferentes tramos do seu curso.

Comer: os peixes e produtos de río e de mar son o máximo expoñente da cociña da comarca de Bergantiños, destacando os percebes do Roncudo ou as troitas. Outros manxares como as patacas de Coristanco ou o pan de Carballo, xunto con postres como as filloas e as orellas, típicos do Entroido, completan a carta gastronómica da zona.

Aloxamento: máis dunha decena de casas de turismo rural conforman a mellor opción para aloxarse na comarca que atravesa o río Anllóns, á vez que nos permiten chegar con facilidade a todos os puntos de interese.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS