Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Jueves 24.05.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

tras un año del 1-M

Sus señorías hacen balance

02.03.2010  La mayoría aplaude la austeridad y las medidas para salir de la crisis // Lamenta no poder hacer más por la "herencia" del Bipartito // Los de Pachi Vázquez se alegran de que ya quede menos para las próximas elecciones // Temen que continúe la política privatizadora // El Bloque destaca la contestación social ante las "agresiones" de Feijóo al idioma gallego

1.0/5 [1 Voto/s]

6
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

¿Qué ha sido lo mejor y lo peor del mandato de Feijóo desde que el 1-M ganó las autonómicas? Los parlamentarios de la Cámara gallega hacen balance la gestión del Ejecutivo del PPdeG. La división es manifiesta. Mientras los populares aplauden masivamente la gestión de Feijóo ante la crisis económica, y sobre todo, sus políticas de austeridad, la falta de acción ante la recesión es una de las principales quejas de la oposición. Sus señorías tampoco suelen hacer autocrítica, salvo alguna excepción. Así los diputados del PPdeG cargan contra la herencia bipartita para justificar lo que no se ha hecho y la oposición cree que lo mejor del año es que ya queda menos para las elecciones.

PP

PILAR ROJO NOGUERA

+··"Galicia converteuse nun referente no Estado coas medidas de reducción do gasto público e austeridade. Galicia ten unha soa dirección."

-··"A dificílisima situación económica que lle tocou xestionar".

MANUEL RUIS RIVAS

+··"O Goberno artellou actuacións decisivas para dinamizar a economía. Puxo aos cidadáns por riba de calquera outro interese, primando o diálogo"

-··"A complicada herdanza que recibiu do Goberno anterior, con presupostos irreais, que implicaron contar con moitos menos recursos dos que se supoñían".

MARTA RODRÍGUEZ

+··"El importante esfuerzo que está haciendo por atender a las personas dependientes".

-··"La situación económica y el retraso que acumula la aplicación de la Ley de Dependencia".

ANTONIO RODRÍGUEZ MIRANDA

+··"Cumprir co programa en:austeridade, atención a máis de 20.000 dependentes, apoio a sectores como lácteo e automóbil, redución de impostos, favorecemento do acceso á vivenda dos mozos, liberdade lingüística. Aposta polos servizos sociais e o emprego, sanidade educación e loita polo sistema financeiro".

-··"Non poder facer máis por a baixada de ingresos, poucos resultados no financiamento autonómico; que aínda teñamos moita xente en lista de espera"

PEDRO PUY FRAGA

+··"Un goberno estable que tomou as medidas necesarias para comezar a loitar contra a crise no contexto máis desfavorable dos últimos 30 anos".

-··"Non ter conseguido resultados igual de espectaculares nalgúns terreos, como o das listas de espera; e ter confiado nalgúns temas que requiren consenso na inexistente vontade de acordo da oposición socialista".

JOSÉ MANUEL BALTAR

+··"A unidade do Goberno e o cumprimento do programa, con especial fincapé na austeridade".

-··"Só leva unha cuarta parte da lexislatura, feito que fai albiscar importantes expectativas".

ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

+··"A capacidade de negociación e de chegar a acordos en asuntos claves e de país, e recoñecer o papel dos concellos".

-··"A incapacidade que tivo a oposición de encaixa-la derrota electoral, sobre todo o PSOE".

JOSÉ LÓPEZ CAMPOS

+··"Saber que temos un único goberno e un presidente que acredita capacidade e experiencia para saír da crise".

-··"As dificultades que están a atravesar moitas familias".

ROSENDO FERNÁNDEZ

+··"Levar adiante o programa electoral, o plan de austeridade e o desbloqueo do AVE".

-··"Non poder levar adiante todos os proxectos centrados no mercado laboral e a actitude do Goberno central".

PAULA PRADO DEL RÍO

+··"O rigor e sentido común doa Xunta e a capacidade de diálogo".

-··"Ter coincidido cun presidente do Goberno de España tan desleal con Galicia".

ISABEL GARCÍA PACÍN

+··"Fronte á crise xeralizada, Xunta deu cumprida resposta para subsanar a demanda de solucións que a sociedade solicita".

-··"Non poder ter avanzado aínda máis, polas dificultades económicas conxunturais e herdadas".

MARTA VALCÁRCEL GÓMEZ

+··"A busca de consenso, a posta en marcha de diversas infraestructuras paralizadas, a ampliación da cobertura da Lei de Dependencia e sobre todo a transparencia e austeridade"

-··"A falta de disposición da oposición de consenso e a pouca colaboración e o olvido da Administración central".

JOSÉ ANTONIO GARCÍA

+··"A clara aposta por un Goberno apegado aos problemas da xente na rúa, lonxe das formas de facer política do Bipartito".

-··"O triste labor da oposición, particularmente visible no caso do PSdeG convertido nunha franquicia de xustificadores das deslealdades do Goberno central ".

MARISOL PIÑEIRO

+··"O Goberno Feijóo está demostrando con feitos, e en pouco tempo, que conseguirá ó longo da lexislatura situar a Galicia como referente á hora de saír da crise"

-··"O punto de partida co que se atopou o novo Goberno"

ALBERTO SUEIRO

+··"A imaxe de solvencia e rigor do presidente. A defensa da posición galega sobre o financiamento autonómico".

-··"Non ter podido avanzar máis no consenso en relación co decreto do galego no ensino".

ÁNGELES DÍAZ PARDO

+··"Contar cun Goberno serio que foi quen de adoptar importantes medidas tanto a nivel económico como a nivel social".

-··"A deslealdade institucional tanto do Goberno estatal (Lei de Caixas), coma da oposición".

JAVIER ESCRIBANO

+··"A responsabilidade á hora de facer uns orzamentos en crise. Con menos faino mellor".

-··"A herencia do Bipartido, cun burato económico que condiciona o investimento".

YOLANDA DÍAZ LUGILDE

+··"Decisións sobre a Cidade da Cultura. Preparación do Xacobeo nun tempo récord. Novo decreto da Dependencia".

-··"O novo Goberno tivo que afrontar a súa xestión dunha situación deficitaria económicamente que non coñecía".

JOSÉ FERVENZA COSTAS

+··"A esperanza que xerou e o grande esforzo que está a facer para deixar atrás a crise".

-··"A situación herdada".

JESÚS GOLDAR GÜIMIL

+··"Galicia está a recuperar o seu peso específico no conxunto do Estado cun Goberno único, rigoroso e capaz".

-··"A grave situación de crise económica herdada".

CRISTINA ROMERO FERNÁNDEZ

+··"Asumir a responsabilidade de afrontar desde o primeiro día a situación de crise económica".

-··"Ter que priorizar debido ás dificultades económicas atopadas pola deficiente planificación e xestión do Goberno anterior"

MARÍA SEOANE ROMERO

+··"Por primeira vez nos últimos catro anos a Xunta reuniu a Comisión Interdepartamental de Xuventude, o que deu lugar a un dos plans de emprego".

-··"Zapatero segue sumando desempregados menores de 30 anos chegando ao 45% da poboación moza en España".


PSdeG PSOE

XOAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA 

+··"Os galegos poden comprobar con feitos o fraude político, social e económico que supón a xestión de Feijóo".

-··"Inacción fronte a crise económica e o paro. Ruptura do consenso lingüístico. Recorte nas políticas sociais".

FRANCISCO CERVIÑO

+··"A ausencia de políticas activas a prol do emprego, e o conflicto xerado en torno a lingua".

-··"A imaxe do presidente no exterior de Galicia, que é positivo para el e para a sua carreira politica en Madrid".

MARISOL SONEIRA

+··"O PP sacou a careta e demostrou ata onde pode chegar nas súas mentiras e promesas durante catro anos de oposición que agora non cumpren".

-··"A falla de compromiso coas necesidades do país".

MAR BARCÓN

+··"A Galicia e aos galegos quédalles un ano menos de soportar a Feijóo".

-··"O incremento das listas de espera, o atranco na aplicación da Lei de Dependencia, ou milleiros de familias que non teñen libros de texto gratuítos".

JOSÉ LUÍS MÉNDEZ ROMEU

+··"Feijóo e o PP amosan os seus límites e rachan coa falsa imaxe transmitida".

-··"A parálise da Xunta, a falla de ideas e proxectos, o vitimismo, a confrontación continua e a pobreza de xestión".

SILVIA BELÉN FRAGA SANTOS

+··"Vivir dos réditos dos grandes investimentos en Galicia do Ministro de Fomento".

-··"A súa inacción, con cero medidas para facerlle fronte a crise, ademais do ataque frontal á nosa lingua".

JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS

+··"A capacidade de mobilizar aos cidadáns conseguindo que haxa máis manifestacións nun ano que nos catro de Touriño."

-··"A falta de proxecto de país. O ataque aos sinais de identidade de Galicia, a ausencia de decisións económicas e sociais para combater a crise e a reducción de fondos púpara educación e sanidade."

BEATRIZ SESTAYO

+··"Axúdanos a reforzarnos mais na necesidade de traballar, aínda mais se cabe, polas políticas socialistas como garantes da igualdade de oportunidades"

-··"A destrucción das políticas socias e sanitarias, e o seu intento de conversión en negocios privados".

ISMAEL REGO

+··"Xa pasou un ano de lexislatura do Goberno de Feijóo".

-··"As políticas revisionistas sobre os grandes avances producidos polo anterior goberno, sobre todo as que teñen que ver co recorte de dereitos cidadáns".

JOSÉ TOMÉ ROCA

+··"Que so lle quedan 3 anos de goberno para que non siga co recorte de servicios".

-··"O mal clima social e político que creou en Galicia con un ano baleiro para o emprego en Galicia escabullindo a sua responsabilidade".

SONIA VERDES

+··"Xa queda menos de sufrir este Goberno".

-··"Consegiu afundir ao sector agrograndeiro e forestal, e o intento de control do sector lacteo a costa de afundir ás cooperativas galegas. E o recorte nas políticas sociais".

CONCEPCIÓN BURGO LÓPEZ

+··"A cidadanía comproba que a propaganda de Feijóo como bo xestor era mentira".

-··"A política de desmantelamento dos servizos públicos na busca dunha progresiva privatización".

RICARDO VARELA SÁNCHEZ

+··"O mellor é que se retrata perfectamente como o que é, unha dereita ultraliberal no económico e antisocial no que afecta aos dereitos das persoas".

-··"O seu ataque dende o primeiro día e sen miramentos ao servizo público".

PABLO LÓPEZ VIDAL

+··"A posibilidade de comparar políticas, actuacións e xestión entre un goberno progresista e outro neo-conservador. A proba do algodón..."

-··"A desesperación do desemprego de miles de cidadáns que miran a Xunta e non ven esperanza".

CARME ACUÑA DO CAMPO

+··"Este ano ten servido para desenmascarar ao PP e as mentiras da súa sucia campaña, así como a falsa austeridade".

-··"Unha xestión sanitaria lamentable na que por primeira vez en cinco anos medran as listas de espera, a parálise da actividade económica".

J. C. FRANCISCO RIVERA

-··"O goberno caracterizouse pola inaccion, a paralise e a grande capacidade para xerar líos".

MARÍA QUINTAS ÁLVAREZ

+··"Queda menos tempo para que os galegos poidan xulgar a nefasta xestión de Feijóo".

-··"É o periodo no que se produxo un maior enfrontamento de tódolos galegos e non puxo en marcha nin unha soa medida para afrontar a crise"

ABEL LOSADA

+··"Poder comparar as diferencias entre o compromiso da esquerda e a paralización da dereita como resposta á crise económica".

-··"O Goberno da Xunta desertou da súa responsabilidades fronte á crise, deixando na abandonados aos que máis axuda necesitan".

CARMEN GALLEGO

+··"A sociedade puido comprobar o falso compromiso de Feijóo co medio ambiente ao decidir a destrución de Touriñán".

-··"O compromiso de entregar o noso patrimonio paisaxístico a empresarios privados".

MANUEL GALLEGO

+··"Estamos descubrindo quén é realmente".

-··"O engano ao que ten sometido aos galegos e galegas e a falla de compromiso con Galicia".

MODESTO POSE

+··"Esperemos que o que está por vir".

-··"O aumento do paro e o deterioro da situación sanitaria de Galicia".

MARÍA JOSÉ CARIDE

+··"O acordo parlamentario promovido por este grupo e aprobado por unanimidade: aceptar o novo de modelo de financiación autonómica".

-··"Un Goberno sen rumbo, sen proxecto económico, sen modelo productivo".

GUILLERMO MEIJÓN

+··"Logrou mobilizar á maioría da sociedade galega, xa foran casteláns ou galego falantes, contra as actuacións regresivas que contra a nosa lingua.

-··" O desmantelamento progresivo e programado dos servizos públicos básicos do Estado do Benestar e o camiño iniciado cara a súa privatización".

BNG

ISABEL SÁNCHEZ

-··"A volta ao todo vale, todo vale nas minicentrais, todo vale en piscifactorías, todo vale en xestión de residuos... e en vivenda tamén, para o PP a política social que se puxo en marcha a pasada lexislatura non é unha prioridade, agora só hai parálise e demolición"

TERESA TÁBOAS

+··"Pero.... hai goberno??? O mellor deste ano é comprobar as mentiras do PP".

-··"O peor é o dano que esas mentiras están a provocar en Galiza nun momento de crise".

HENRIQUE VIEITEZ

+··"Demostrouse que a Feijóo pouco ou nada lle importan as persoas que non teñen traballo nen nengunha axuda".

-··"Feijóo manda cada día máis persoas con nome e apelidos ao paro e son cada vez máis empresas as que pechan".

ANA LUISA BOUZA

+··"Coa súa incompetencia e afan destructivo están a despertar á cidadanía galega a participar activamente na política".

-··"Como xa agardabamos, non foron quen de cumplir as súas promesas electorais de rematar coa crise".

CARME ADÁN

+··"As mentiras do PP foron tan agresivas coa lingua e a cultura galega que conseguiron que a cidadanía se unira para traballar polo orgullo de ser galegos".

-··"O paro medra de xeito importante e o miragre Xacobeo non dá froitos mentras a educación pública sofre recortes sen precedentes".

ANA PONTÓN

+··"Estase desvelando a axenda oculta do PP."

-··"O reiterado ataque aos nosos sinais de identidade como pobo. É indigno e vergoñento ver ao titular de cultura insultándonos ao afirmar que a cultura galega limita, ou está ensimesmada e acomplexada".

BIEITO LOBEIRA

+··"Temos un pobo vivo e orgulloso de si mesmo, que demostra saber defender na rúa o seu idioma, os seus dereitos e a súa dignidade colectiva."

-·· "A obsesión do goberno do PP coa aniquilación da lingua galega teno convertido nunha auténtica máquina de trituración da nosa identidade e da nosa cultura."

TEREIXA PAZ

+··O mellor? para o propio goberno, claro, pero non para o País, ter un goberno non intervencionistas que renuncia a promover cambios estructurais e estratégicos para o medio rural como o Bantegal, as Uxfor, o grupo lácteo galego, etc

-··"Un goberno que abandonou o sector lácteo á súa sorte".

CARLOS AYMERICH

+··"O mellor foi descubrir as mentiras do PP e a súa falta de solucións para os problemas do país".

-··"Desmantelamento e privatizacion dos servizos sociais, abandono da xente maior, dos dependentes, das familias e dos traballadores e o abandono da Universidade"

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS