Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Miércoles 23.05.2012  | Actualizado 22.13      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 921 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia

O Concello de Lugo presenta as III Xornadas Lóstregas de Seguridade Viaria en Moto

04.03.2010  O curso terá lugar o domingo 7 de marzo ás 9.30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o monitor de seguridade viaria Manuel Rodríguez e o presidente do Club de Motos Lóstregos, Raúl Rochas, presentaron as III Xornadas Lóstregas de Seguridade Viaria en Moto.


O Concelleiro manifestou o compromiso do Goberno Local pola formación viaria da cidadanía como unha aposta pola seguridade para conductores e peóns. “Esta iniciativa enmárcase dentro da política de seguridade vial e por iso colaboramos coa súa organización”, indicou.


Trátase dun curso de coñecemento e mantemento da moto que terá lugar o domingo 7 de marzo ás 09:30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi. O prezo para o participante é de 5 euros. Os que desexen participar poden inscribirse en www.lortregoslucus.com.


O curso desenvolverase no seguinte horario:

09:30: Entrega de documentación

10:00: Primeira parte: coñecemento da moto

11:30: Pausa café

12:00: Segunda parte: mecánica e Mantemento

13:30: Posta en común: Preguntas

14:00: Entrega diplomas

15:00: Cocido

17:00Clausura Xornadas


Os fundamentos e obxectivos perseguidos coa impartición deste curso son o coñecemento de que unha moto avariada ou mal mantida é unha moto insegura. Con estas xornadas os participantes recibirán uns coñecementos mínimos e indispensables para o coidado das nosas motos, aquelas revisións máis elementais, non por iso menos importantes á hora da súa repercusión na seguridade do motorista (presión das rodas, axuste de manetas) ata as operacións algo máis complexas (tensado do tren de arrastre, cambio de elementos).


O fundamental destas xornadas será adquirir os coñecementos necesarios para poder realizar o mantemento esencial da moto, así como para poder comprender o que realmente está a facer o mecánico coa moto, e saber a repercusión da reparación.


Temario do Curso

1.- TIPOS DE MOTOS.-Características e uso ao que van dirixidas:Ciclomotores, custom, trial, velocidade, turísticas, maxiescuters.


2.-PARTES DA MOTO:

- Tipos de chasis

De berce

Muntitubular

Dobre viga

Motor suspendido

- Ródalas

Tipos de neumáticos (radiais, con cámara) .Usos máis adecuados.

Os números do neumático.A presióna decuada,o desgaste inadecuado.

Avarías, picadas, reparación

- As suspensións

Dianteiras.Tipos Como funcionan.

Traseiras.Tipos.Mantemento

- Os freos

Mantemento (como se ve o desgaste das pastillas)

O bote de expansión.Mantemento (purgado)

As manetas.A súa ergonomía.regulacións e tensado

- O sistema eléctrico

As luces.tipos, mantemento

A batería, erros de aceso, as buxías.Os fusibles: onde e para que.

A transmisión

Tipos.

Mantemento, tensado, engrase, nivel

- Sistema de refrixeración

Tipos

Mantemento, niveis,avarías

- O motor

Tipos

Características e usos do motor

Mantemento

Filtros: aceite/aire

- Sistemas de seguridade

O ABS

Controles de tracción

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS