Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Miércoles 23.05.2012  | Actualizado 22.13      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 899 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia

Teatro, danza, música e actividades para escolares e familias

O Concello de Lugo e Caixanova presentan unha completa programación cultural para o primeiro semestre do ano

16.03.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Concello de Lugo e Caixanova presentaron esta mañá un completo programa cultural para o primeiro semestre do ano, dirixido a diferentes públicos e potenciando especialmente as iniciativas orientadas aos máis novos.

O Concello de Lugo e a entidade Caixanova asinaron hoxe senllos convenios de colaboración para potenciar actividades e iniciativas culturais que contribúan ao desenvolvemento social da cidade. As actividades serán financiadas ao 50% por cada unha das partes.
 
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, resaltou “ a gran colaboración que dende Caixanova se está a ofertar á cidade cunha gran aposta pola calidade cultural con este convenio que trae á cidade espectáculos que congregan a un bo número de persoas”.

Entre as propostas presentadas destaca o concerto de Ano Novo coa Orquestra Sinfónica de Bucarest, cun programa con vals e polcas da familia Strauss, que contou ademais coa presenza de Cristian Horea como director musical.

A proposta de danza fará unha homenaxe ao Centenario da morte de Marius Petipa, un dos grandes xenios da danza de todos os tempos. A gala de danza na cidade contará coa presenza de Laura Hormigón e Óscar Torrado, estrelas do ballet internacional e primeiras figuras do Ballet Esratal do teatro da ópera de Bashkirian e do Ballet do teatro da Ópera de Sofía.

Amparo Larrañaga, José Luis Gil e Siego Martín, protagonizarán “Ser o no ser”. Trátase dunha das obras maestras do cine mundial. Escrito como unha premonición da invasión de Polonia por parte do exército nazi, que foi confirmada plenamente pola historia, conta a axetreada existencia dunha compañía teatral durante ese período.

Os alumnos dos colexios da provincia de Lugo poderán disfrutar os próximos meses dun amplo programa de actividades que o Concello de Lugo e Caixanova organizaron para este curso escolar.

Este programa está especialmente estudado, pensando no disfrute e a formación dos alumnos da provincia. No mes de maio representarase a obra de teatro “El gusanito que quería volar”.

Programación

X MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO

FECHAS
INTÉRPRETE


XANEIRO, 31

¿DE CUANDO ACÁ NOS VINO? de Lope de Vega
COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO

 

FEBREIRO, 1

EL EVANGELIO DE SAN JUAN
RAFAEL ÁLVAREZ “EL BRUJO”

 

FEBREIRO, 3

EL CABALLERO DE OLMEDO de Lope de Vega
TEATRO CORSARIO

 

FEBREIRO, 4

EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO de William Shakespeare
UR TEATRO

 

FEBREIRO, 6

EL MERCADER DE VENECIA de William Shakespeare
DAREK TEATRO

 

FEBREIRO, 7

MISTERIO DE CRISTO DE LOS GASCONES
NAO D’AMORES


ACTIVIDADES DIDÁCTICAS
DATAS
TÍTULO

XANEIRO, 19

EL CHICO
Cine escolar
 

MARZO, 2


EL PLANETA DEL TESORO
Cine escolar


ABRIL, 13


KIRIKÚ Y LAS BESTIAS SALVAJES
Cine escolar

MAIO, 24 E 25

EL GUSANITO QUE QUERÍA VOLAR
Gurdulú Teatro

 

ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

DATAS
INTÉRPRETE


MARZO, 23

SER O NO SER de Melchor Lengyel
Dirección: Álvaro Lavín
Con Amparo Larrañaga, José Luis Gil, Carlos Chamarro, etc.

 

ABRIL, 23

LA FIESTA ESCÉNICA
CIRCO GALTÜK

 

MAIO, 9

CENTENARIO PETIPA
Dirección: LAURA HORMIGÓN – ÓSCAR TORRADO

 

XUÑO, 10


GLENGARRY GLEN ROSS de David Mamet
Dirección: Daniel Veronese
Con Gonzalo de Castro, Ginés García Millán, Carlos Hipólito, etc.

 

Novo Auditorio
Por outra banda, o Alcalde indicou que onte foi invitado polo Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, a ver o proxecto do Auditorio de Lugo que está a desenvolver o equipo de arquitectos que resultou gañador do concurso para a súa elaboración.

O Alcalde resaltou que “este proxecto cumple ao pé da letra co que establecían as bases do concurso”. Conta con dúas salas para 300 e 900 persoas respectivamente, dous aparcadoiros para 300 vehículos, unha sala de usos múltiples, oficiñas, unha sala de exposicións, etc.

López Orozco indicou que o equipo redactor deberá entregar o proxecto na Consellería o día 25 para que proceda á facer as xestións para a súa licitación.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS